_
_
_
_
Entrevista:UNHA LINGUA RENDIBLE | Francisco Novoa - Academia Postal | LUCES

"Fixemos os libros de FP porque non os había en galego"

O Grupo Academia Postal é a principal empresa privada dedicada ao ensino de FP e preparación de funcionarios de Galicia. A compañía ourensá factura máis de 6 millóns de euros ao ano, emprega a 163 profesores do cadro de persoal (e 210 mestres colaboradores) e dá clase a 7.000 alumnos. Dispón de nove academias, sete delas en Galicia, unha en Oporto e outra en Valladolid.

Pero o verdadeiro tesouro económico da compañía é unha editorial propia que xa ten no mercado 150 libros de texto en galego, de tódalas materias (tecnoloxía, dereito, economía, historia). "Hai oito anos empezamos a editar os libros en galego porque nos decatamos de que non os había no mercado. Agora somos unha das tres empresas editoriais homologadas para dar cobertura ao bachelerato e á formación profesional", explica Francisco Novoa, responsable da empresa. A Academia é, seguramente, Postal, porque o seu director foi durante moitos anos o xefe provincial de Correos en Ourense.

Más información
Negocios que falan galego

"No 2004 fixemos un plano estratéxico para galeguizar completamente ao Grupo Academia Postal. Vainos ven. Eu non creo que gañemos máis por usar o galego. Mais penso que tampouco gañamos menos. Para min, o importante é que gañamos todos", opina Novoa.

Da factoría de formación da Academia Postal teñen saído promocións enteiras de opositores á Xunta e máis aos concellos galegos, o que converteu a esta empresa na principal formadora do funcionariado galego.

"Escollemos esta liña de traballo por vocación e porque cremos que é o mellor modo de combater a desafección do galego. A verdade é que ás veces temos recompensas", expón Novoa.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_