_
_
_
_
Reportaje:UNHA LINGUA RENDIBLE | LUCES

Negocios que falan galego

Cen compañías utilizan a lingua de Rosalía para vender os seus productos, mesmo no estranxeiro

Cando en 1978 naceu Caixa Galicia, a entidade fixo un profundo estudio de mercado para decidir o seu nome. Ao remate chegaron a dúas denominacións: Caja Galicia e Caixa Galicia. Hoxe pode parecer doado, pero daquela A Coruña aínda era La Coruña e Ferrol, El Ferrol, nome que incluía a unha das caixas que se fusionaban.

"Os empresarios non falarán galego ata que Xulio Gayoso e Méndez non o fagan"
A nova economía é a que con máis forza está a incorporar o galego aos seus productos
Más información
"Nas 'telecos' o idioma está a entrar a fondo"
Un compromiso novo
"Nesta empresa ata os proxectos falan galego"
"Fixemos os libros de FP porque non os había en galego"

O resultado da prospección comercial foi limpo: a denominación da caixa en galego non ía restar clientes, nin dentro nin fóra de Galicia. Hoxe Caixa Galicia é unha das cinco maiores empresas financeiras de España e manexa más de 50.000 millóns de euros en depósitos e créditos en todo o territorio español. "A marca galega non só non nos perxudicou senón que funciona excelentemente no resto de España", explica Xosé Luis Méndez, director xeral de Caixa Galicia

Hai un cento de grandes compañías galegas que, como Caixa Galicia, fan toda a súa publicidade, marca e imaxe corporativa en galego. O líder galego de Internet (R), o número un de España en debuxos animados (Filmax), o maior grupo galego de electrodomésticos (San Luis), en buques de recreo (Rodman), en madeira (Finsa), en polos e ovos (Coren) ou, entre outras moitas cousas, en antenas parabólicas (Televés).

Xefes, en castelán

Sen embargo, tanto no sector financeiro como para a maioría dos empresarios e executivos galegos, a lingua dos negocios en Galicia é o castelán. O galego apenas se escoita nos seminarios, presentacións, conferencias ou planos estratéxicos.

¿Por que as empresas venden en galego e os seus xefes falan castelán? "En Galicia, os empresarios non falarán galego ata que Gayoso [presidente de Caixanova] e Méndez [director de Caixa Galicia] o fagan públicamente", opina Blanca Geffael, responsable de comunicación da Zona Franca de Vigo, organismo público que divulga toda a súa información en galego.

Xosé González, un dos máis inquedos defensores da lingua de Rosalía, considera que, en moitos casos, a economía galega tivo, a partir dos anos 80, medo de contaminarse políticamente. "Hai moita xente, e tamén no mundo empresarial, á que lle gustaría que cando falan galego o identifiquen como un galego e non como un militante dun partido. Aquí hai sitio para todos", subliña González.

Mais a barreira non racha. O galego entrou ben no mundo universitarios, entre profesores, investigadores e alumnos; na política; no sindicalismo,... Mais non entra nos despachos e nas salas de xuntas. Quizáis sexa como unha muller e necesite de cotas.

Sen embargo, hai empresas e sectores enteiros que apostaron por galeguizarse para aportar calidade de orixe a súa marca. É o caso do viño Albariño. Trinta e tres bodegas da denominación de orixe Rías Baixas traballaron durante un ano nunha intensa campaña de marketing que lles permitiu mellorar as súas ventas en España e tamén nos mercados exteriores. Son viños con denominación de orixe, de prezo caro, e con etiquetado e identificación en galego. Funcionou.

Algo semellante está a facer o grupo Gadisa, una das seis maiores compañías galegas e entre as cadeas de supermercados máis exitosas de España. Ou Academia Postal, Egatel e moitas máis empresas. A Televisión de Galicia, un dos aparatos de divulgacións máis potentes cos que conta o país, leva dous anos traballando nunha campaña de estudos e promoción para conseguir que todos os seus anunciantes o fagan no idioma propio. "A globalización das empresas é outro chanzo de dificultade máis. Ás veces resúltanos moi complicado convencer a unha empresa asiática que poña o seu anuncio en galego. Pero estámolo acadando", explica Benigno Sánchez, director xeral da Compañía da Radio e a Televisión de Galicia.

Levar o galego aos executivos é unha das misións do Foro Enrique Peinador, unha asociación que a vindeira semana reunirá na illa de A Toxa a medio cento de empresas interesadas en facer do galego un bo negocio. Tralo congreso, o devandito foro vai programar xuntanzas mensuais no hotel Pazo de Lestrove para insistir na cultura de galeguización empresarial.

Tamén a Fundación Galicia Empresa, que asocia a 49 sociedades comprometidas co uso do galego no seu negocio, está a desenvolver un labor divulgativo do idioma entre o empresariado.

Empregados, en galego

Son os primeiros pasos para que o galego entre na moqueta. "Cando principiamos a galeguizar a comunicación interna da empresa, decatámonos e ata sorprendémonos de que o 80% dos empregados éramos galegofalantes", relata Esteban Solleiro, vicepresidente de Egatel.

Curiosamente a nova economía é un dos sectores que con máis forza está incorporando a lingua de Galicia ao seu uso habitual, tanto comercialmente como internamente. Empresas de telecomunicacións como R, Egatel ou Televés, compañías audiovisuais como Filmax, Dygra ou Filmanova, xa inclúen en nómina a xefes galegofalantes.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_