_
_
_
_
Tribuna:UNHA LINGUA RENDIBLE | LUCES
Tribuna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las tribunas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Un compromiso novo

A Fundación Galicia Empresa coincide nun escenario actual de moitos foros gremiais que nacen para tirar dun sector, e de lobbies que nacen para tirar aínda máis, e de grupos de empresarios que se ven para debater asuntos importantes de presente e de futuro da economía e da organización de empresa. E conviviremos pronto con observatorios que estuden indicadores que conduzan á previsión e, por ela, a un maior éxito.

Sobrevivir nesta coincidencia témolo na Fundación Galicia Empresa por mérito, pois non ofrecemos nada novo que calquera imaxinación e preocupación destes outros grupos non poida concibir e, en cambio, recomendamos o uso do galego, un compromiso novo na historia empresarial de Galicia e amolador por canto significa de ruptura co tradicional e rutineiro emprego do castelán, para o que está todo deseñado.

Más información
Negocios que falan galego

Naceu esta fundación dunha proposta da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia, a principios dos anos 90, que lanzou ós empresarios o reto de igual xeito que viña de facer exitosamente na Administración de Xustiza. Contra todo prognóstico e menos dificultades das esperadas, varios empresarios foron aceptando conformar o daquela xermolo da Fundación Galicia Empresa.

A teoría que aparecía nos primeiros papeis desenvolvía proposicións de reclamación dun territorio novo desde o que se quería falar da lingua. O simple feito de falar da lingua era e segue a ser importante. É moi san que se fale da lingua tamén fóra dos ámbitos filolóxicos, aínda que logo non nos teñan en conta para definir os aspectos relativos dun modelo normativo.

Co tempo esta fundación sen homólogos que coñezamos fóra das nosas fronteiras empezou a voar soa. Participei con gusto dos primeiros momentos en que os empresarios comezamos a poñer en linguaxe e razoamentos propios a nosa decisión de comprometernos no uso do galego. Non había metáforas pero tampouco había artificiosidade.

A lingua nesta fundación é tamén a bandeira que simboliza a atención ó que se mova no entorno empresarial de Galicia. O noso obxecto fundacional recolle a "promoción, vertebración e divulgación da empresa galega como entidade específica, caracterizada pola súa vinculación á realidade socio-económica de Galicia".

Somos conscientes da forza que nos dá o feito de sermos manifestación civil sen vocación patronal, presumimos de ser plurais, evitamos a tentación de dogmatizar sobre nada, confesamos que non temos resposta a temas coma a deslocalización, aínda que si nos preocupa, enfadámonos cando un rexistro mercantil conculca o dereito de aceptar un texto en galego, e consideramos a lingua galega un plus engadido que se pode traducir en moitos casos en vantaxe e nunca en contraindicación, e en calquera caso antes de considerala obriga, sentimos satisfacción de usala.

As nosas actividades oriéntanse centrípeta e centrifugamente. Cara a dentro organizamos con regularidade debates e encontros, normalmente sen publicidade. Cara a fóra parécenos que de vez en cando, e con toda a modestia do mundo, é interesante que saiamos á ágora pública para animar a outros empresarios a ter en conta o galego na súa organización e na súa publicidade. As nosas actividades complétanse con outras iniciativas de investigación: acabamos de presentar un libro que no seu día presentamos á Fundación Caixa Galicia e que editamos conxuntamente con ela sobre 24 empresarios de Galicia que constituíron un fito, e levamos traballando dous anos no Centro Ramón Piñeiro nun vocabulario multilingüe de terminoloxía económico-empresarial.

Os citados Fundación Caixa Galicia e Centro Ramón Piñeiro, igual que o Consello da Cultura Galega ou a Universidade Internacional Menéndez Pelayo, téñennos botado unha man importante, xenerosa e imprescindible para poder desenvolver algunhas das nosas actividades.

Somos agora mesmo 49 empresas, que van das moi grandes como Caixa Galicia, Caixanova, Rodman, Coren ou Pescanova a outras de compromiso anterior como Os Irmandiños, Marcelino Martínez ou Otero Pombo, das tradicionais familiares como Grupo Pérez Rumbao ou Finsa a novas como Energía de Galicia ou San Luis, das de sectores de sempre como Feiraco, Porto de Celeiro ou Jealsa ás que traballan coa última tecnoloxía como R, Televés ou Puentes y Calzadas. E sei que me escusarán as que non cito.

Precedéronme na honra de presidir esta fundación Ramón Castromil Ventureira (Castromil), Xosé María Fonseca Moretón (Terras Gauda) e Manuel Rodríguez Vázquez (Rodman-Polyships), que consolidaron unha idea que a min me permite agora poder escribir dela con orgullo e agrado, como acabo de facer.

Manuel Puga Pereira é presidente Fundación Galicia Empresa

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_