_
_
_
_
Tribuna:LUCES
Tribuna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las tribunas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

A identidade da empresa galega

O capital social é un concepto incorporado recentemente ao acervo da categoría da análise das ciencias sociais para explicar algúns procesos favorecedores do desenvolvemento económico territorial.

Un aspecto moi importante tanto no concepto de capital social como do desenvolvemento rexional é a cultura entendida como conxunto de valores do que é portadora unha sociedade. Deste modo, a cultura forma parte dos recursos produtivos que deben ser tidos en conta polos emprendedores sobre todo naqueles territorios que posúen un forte sentido de identidade como pobo.

Cada localidade ou territorio caracterízase por unha determinada estrutura produtiva, un mercado de traballo, unha capacidade empresarial, unha dotación de recursos e infraestruturas, un sistema social é político e, por suposto, tamén por unha determinada tradición e cultura identitaria que se integra no novo concepto de capital social. Neste contexto, todos os datos apuntan a que a dialéctica global-local entrou nunha nova fase por mor das transformacions tecnolóxicas e se presenta nun novo escenario.

Neste escenario prodúcese un movemento da sociedade que se expresa con especial forza desde as identidades territoriais que se resisten ás transformacións da globalización cando son feitas desde unha tendencia ou perspectiva meramente uniformizadora.

Sobre estes alicerces articulanse procesos de desenvolvemento que deben relacionarse xa non só cos factores tradicionalmente económicos (terra, capital e traballo) senón tamén con factores intanxibeis (lingua e cultura), nun ámbito do que forman parte actores sociais que queren vivir nun mundo con raíces, con historia, con referencia a un lugar determinado e a un tempo concreto.

Moitos emprendedores e consumidores, como integrantes dunha comunidade diferenciada chamada Galicia, que se expresa en moitos sentimentos comúns, queren reafirmar a necesidade de xerar procesos produtivos e proxectos empresariais que se caractericen por implantar modelos que reafirmen a súa personalidade e que eviten, na medida do posible, a perda da propia identidade na sociedade global.

Unha definición de produtos con identidade territorial incluiría a todos aqueles bens, servizos, información e imáxes expresadas na lingua propia dun territorio. Un bo exemplo sería o etiquetado en galego de produtos con denominación de orixe. Desta maneira un produto con identidade territorial transfórmase nunha cualidade que fai que algo producido sexa único, que sexa distinto, distinguible e a miúdo distinguido no máis amplo sentido da palabra. En oposición a este concepto, un desenvolvemento desprovisto de identidade supón que en todas partes debe facerse exactamente o mesmo: a mesma arquitectura, o mesmo vestiario, o mesmo idioma, as mesmas comidas, os mesmos servizos...

Nesta liña de actuación, existen estudos que acreditan que fronte ás cautelas dos interlocutores empresariais respecto da galeguización das actividades económicas, comerciais e empresariais, cautelas baseadas en moitos casos nas inercias do pasado, no temor aos custos adicionais que iso podería supor e finalmente a unha suposta desconfianza dos clientes e usuarios ante un cambio lingüistico, as actitudes dos consumidores ante unha maior incursión da lingua galega nesas actividades reveláronse como claramente positivas e favorabeis.

Máis concretamente, nun estudo encomendado, hai uns anos, polo Consello da Cultura Galega sobre as actitudes dos consumidores ante a utilización da lingua galega na publicidade, na etiquetaxe dos produtos, na rotulación das empresas e comercios e nas relacións vendedor-cliente, chegou a conclusión de que "é necesario reformular a visión sobre o uso do galego no mundo da publicidade e da empresa; porque a capacidade de comunicación que na actualidade ten esta lingua lle confire un enorme valor comercial e vehicular con eficacia de valores como a calidade a a fiabilidade".

Coa finalidade de realzar o valor empresarial da identidade no actual marco da economía-mundo, o Foro Enrique Peinador convoca, para finais deste mes, un encontro, ao máximo nivel directivo, entre empresarios representativos dos distintos sectores produtivos de Galicia para debater colectivamente sobre a absoluta compatibilidade do modelo "pensar globalmente, actuar localmente".

Dende o Foro Enrique Peinador queremos introducir a reflexión de que os emprendedores de Galicia precisan incentivar o capital social da autoestima colectiva e sobre todo trasladar a experiencia acreditada das empresas que incorporando o uso da nosa lingua nos procesos económicos demostraron non só que "o galego vende" senón tamén que xunto con outros intanxibles (formación, xestión de calidade, imaxe corporativa...) introduciron un importante valor engadido no produto ou servizo realizado, ademais dun alto nivel de sensibilidade coa sociedade na que estan inmersas, converténdose en parte activa da nosa cultura.

Carlos Varela García é fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e membro do Foro Enrique Peinador, que promove o galego na empresa

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_