Selecciona Edición
Conéctate
Selecciona Edición
Tamaño letra

A FATIGA DO ESCRITOR

Suso De Toro explica a sua decisión de renunciar á literatura profesional

"Sobran razóns para sentirse fatigado, aínda que a principal é a vida mesma e non outra. E por iso deixo de ser escritor profesional, e gardei nunha caixa os traballos literarios encetados. Non paso pena ningunha pola literatura en xeral nin pola galega en particular". Nun extenso artigo en Luces, Suso de Toro explica polo miúdo a súa decisión de abandonar a escrita profesional e volver á súa praza de profesor de ensino medio. De Toro di que se afastará da vida pública de escritor aínda que manterá as súas colaboracións neste xornal