Selecciona Edición
Conéctate
Selecciona Edición
Tamaño letra

As primeiras longametraxes da xeración 'indie'

Por vez primeira, Galicia conta cun grupo de cineastas debutantes, independentes, e formados ó abeiro da Axencia Galega do Audiovisual

Vinte anos despois da estrea dos tres filmes que marcaron o evento fundacional da nova era do cinema feito en Galicia, por vez primeira emerxe un grupo de cineastas ós que se lles podería aplicar o concepto de xeración. Roldan todos os 40, forxáronse paseando as súas curtas de festival en festival, formáronse no país, e a maioría tiveron a ousadía e montar as súas propias produtoras para sacar os seus filmes adiante. Casi todos eles debutan como cineastas, reivindican o papel relevante da Axencia Galega do Audiovisual, e caracterízanse por un estilo próximo ó cinema independente.

Esta semana estreouse nos cines A noite que deixou de chover de Alfonso Zarauza, e Enrique Otero presentou en Cineuropa un adianto do seu filme Crebinsky. A pasada semana, Relatos, de Mario Iglesias, foi seleccionada para competir en en Tokio, un dos mellores festivais do mundo, e Luis Avilés rematou a montaxe da súa ópera prima, Retornos. Mentres, Fernando Cortizo ultima a rodaxe da longametraxe de animación O Apóstolo, que se estreará en xullo.