Un inconformista na Academia
Manuel Rivas ingresará na Real Academia Galega ás 12 horas do sábado 12 do mes 12, aínda que o escritor pensa que a institución é cousa de filólogos
Manuel Rivas é, segundo o retrouso/recurso periodístico, o noso autor máis internacional. Tamén probablemente o máis nacional. A maiores dos índices cuantitativos e obxectivos que acadan as súas obras, está a impresión subxectiva de que o autor coruñés recibiu da sociedade galega esa autoridade moral que os pobos antigos lle daban aos druídas ou aos skalds, o poder da palabra como ferramenta para interpretar o mundo, para construír pontes e para derrubar murallas, para trazar os camiños. Ese Rivas múltiple, o que vende unha chea de libros e o que é unha referencia cidadá, o poeta e o xornalista, entrará por fin na Real Academia Galega o vindeiro sábado, na convocatoria ?que o afectado considera un tanto cabalística? das 12 horas do día 12 do mes 12.