_
_
_
_
OS GROUCHOS | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Do 'thriller' eólico á batalla eólica

Manuel Rivas

Na Facultade de Ciencias Políticas de Santiago deberían crear a Cátedra de Economía Política dos Muíños. E tamén en Xornalismo, un recanto onde van parar temerariamente os maxíns máis briosos da nosa mocidade, habería que estudar unha Semiótica Muiñeira. Galicia enteira está a falar dos muíños. Do poder dos muíños. Semella que hai unha grande indecisión política e que imos pasar o Nadal dándolle ao pandeiro. Por primeira vez na historia, os medios de comunicación galegos levarán a primeira páxina unha copla popular: Título: UNHA NOITE NO MUÍÑO, UNHA NOITE NON É NADA. Subtítulo: Unha semaniña enteira, iso si que é muiñada!

De súpeto, o pasado proxéctase no futuro co valor dunha muiñeira cósmica. O país dos dez mil ríos, regatos e regueiras era tamén o país dos cen mil muíños. Todo un país, xente e natureza, a danzar na conquista do pan. Galicia foi historicamente unha grande factoría do pan. Mesmo a arte máis fabulosa, o barroco que fixo falar a pedra, ten unha conexión co poder do gran, co poder muiñeiro. O poder da Igrexa, esa Nosa Señora Feudal, e o poder dos pazos e os señoríos, baseábase en gran parte nunha pedra cósmica: a moa do muíño. E en dúas dimensións espaciais de máxica enerxía: o muíño e o hórreo ou cabazo.

Hai unhas esixencias cos intereses galegos que non se daban no pasado, un pasado de hai catro anos

Agora o gran, o pan, é o vento. O que se está a desputar é o poder. Non só medir o peso de hoxe, senón, dalgún xeito, o de mañá. Ese pendurar na romana o peso de cadaquén, político e empresarial. Mais tamén hai unha loita paralela polo control na representación iconográfica do poder, como o que se daba ás veces entre os cónsules e os sacerdotes dos oráculos.

Hai moitas cantigas tradicionais nas que xa se fala do poder dos muíños. Do poder erótico, claro. Mais tamén do outro poder, do poder político dos muíños. Mesmo hai algunha cantiga que mestura os dous poderes con sabedoría irónica: Ao muíño do teu sogro, / eu ben lle sei o tempero. / Se está erguido hai que baixalo. / Se está baixo hai que erguelo.

Hai variantes da cantiga, nas que "o sogro" pasa a ser "o pai" ou "o home". Está claro o dobre sentido. A chiscadela pícara. Na "batalla eólica" de Galicia estase a loitar polos Megavatios, claro, mais tamén polo Tempero. Polo poder de temperar. Polo pau do Aliviadoiro, que é a peza máis importante no control do muíño, pois rexe a velocidade da moa.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

O pau do Aliviadoiro é o que tempera. O que pode baixar o que está alto e erguer o que está baixo. En termos eróticos, a cousa está clara. Para entender as dimensións políticas, empresariais e mediáticas, cómpre desentrañar a ironía da cantiga co espírito dialéctico dos proverbios, que se multiplican en referencia aos muíños. Así temos "Levala a auga ao seu muíño", "Andar co muíño ás envoltas", "Ter o muíño picado".

O primeiro proverbio semella de aplicación xeral. Aquí todo o mundo quere "levar a auga ao seu muíño". É dicir, ten os seus intereses. A súa comenencia. A cuestión é, pois, o regulamento. O control. As lindes. As condicións para posuír ou explotar esa riqueza que na súa orixe é colectiva.

O segundo proverbio, "andar co muíño ás envoltas" vén significar que hai quen enreda con cuestións secundarias en lugar de ir á cerna do asunto. Para min, non hai outra cerna que esta: quen está a defender mellor os intereses de Galicia? Para este discernimento, coido que é moi importante o historial. Como se actuou no pasado, que se fai hoxe e cal é a conduta previsíbel no futuro ou noutras circunstancias.

O terceiro proverbio, "ter o muíño picado" significa adoecido polo apetito ou a cobiza. Por ter máis poder. Ou por ter medo a perder o que se ten.

Hai unha resposta, digamos transversal, a estas tres cuestións. Hai unhas esixencias en relación cos intereses galegos que non se daban no pasado, tanto no que se refire ao destino local de parte da enerxía como nos mecanismos de control na adxudicación do Poder Eólico. Un pasado de só hai catro anos. Un pasado de auténtica vergoña. De arbitrariedade. Hai tamén un debate que non se deu no pasado. Un nivel de información inexistente antano. E hai tamén moito "muíño picado". O apetito de antes, mais cun plus de loita encarnizada en todos os niveis. A iso hai que sumar a loita por quen controla o tempero. O pau do Aliviadoiro. É certo que unha democracia non é decente sen medios de comunicación independentes. Mais iso tamén hai que dicilo dos políticos e dos partidos. Representan os intereses públicos. Eles tamén deben actuar con independencia, non ao ditado.

O que un non comprende é como o actual Goberno non intentou o esclarecemento do anterior thriller eólico. Sería unha vacina, unha garantía para o actual proceso. Como non se entende que o Defensor do Pobo e a Xustiza non profundaran nas estrañas conexións entre ex altos cargos políticos e algunhas das concesións de parques eólicos e centrais hidroeléctricas no au revoir de Fraga. Talvez os intereses cruzados eran tan fortes que se coidou mellor mirar só cara adiante e confiarse colectivamente á deusa Fortuna. Mais xa é sabido que esta é unha dona traizoeira, "nunha man leva auga e noutra lume".

O que pasou ficou na escuridade. En realidade, a "batalla eólica" está pouca explicada. Fálase moito, mais iso non significa que saibamos moito. Colócase ao pobo de espectador, en tempos en que unha verdade emerxe contundente nun planeta en crise: "Os negocios do mundo son demasiado importantes para deixalos en mans do mundo dos negocios". A transparencia e o interese público, neste caso os intereses de Galicia, é o que debe fundamentar un goberno de coalición. Hai que pensar, á vista dos precedentes, que esa fórmula de goberno é a que mellor pode representar os intereses dos cidadáns de Galicia. Malia estar anunciada a cita electoral, hai que lembrar ao actual Goberno que segue a ser o Goberno de Galicia. Cando tocan os claríns electorais, moitos parecen desentenderse do peor dos perigos no home público. En verbas de Platón, o deixar solta a besta que esnaquiza a couces a obra feita. De aquí a marzo poden pasar moitas cousas, así que farían ben en prender as bestas. As fotos finais sempre son as importantes da voda.

A "batalla eólica" semella un asunto de elites, un enfrontamento máis entre "muíños picados". É unha das perversións desta historia. Galicia non ten petróleo, mais é unha potencia enerxética.

Mesmo ten algo máis valioso que o petróleo a longo prazo. Isto que digo non é unha metáfora nin unha arroutada visionaria. Aínda durará anos, mais vivimos os estertores da Idade do Petróleo, por esgotamento de recursos e polos irreversíbeis custes ambientais. O que ten Galicia, en recursos, en principio, non ten fin. As principais fontes da enerxía sostíbel. A potencia da enerxía hidráulica. A dos ríos e, a non moi tardar, o mar e as mareas. A potencia do vento. O poder eólico. E asemade, unha boa posición para a produción de enerxía solar, cando se anove e abarate a tecnoloxía fotovoltaica. Xa agora, todos os centros e predios oficiais deberían estar proxectados para se abasteceren coas chamadas enerxías alternativas.

Isto non é unha lotería. Galicia pono todo. Pon o chan. Sacrifica en boa parte a súa paisaxe. Mais o que debería ficar claro é que en Galicia acabou para sempre o irse a luz. O irse a luz nun sentido literal, como pasa tamén este inverno de neve. Mais tamén o "irse a luz" no sentido metafórico. Adeus aos apagóns informativos. Dende o poder ou dende os "muíños picados".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_