_
_
_
_
OS GROUCHOS | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

O mozo de Brooklyn e o mitin de Castelao

Manuel Rivas

Chámase Danny. Danny Barreto. Naceu e vive en Brooklyn. Para el, Brooklyn é algo máis que un dos grandes barrios de Nova York. É unha especie de nación. Se Castelar dicía que escoitar a lingua galega era como tocar as táboas do berce de Iberia, pois oír falar galego a Danny Barreto, fillo de portorriqueño e de norueguesa, é como tocar as táboas dun novo berce, o dun país de espazo infindo, o da imaxinación.

A achega de Danny Barreto a Galicia ten esa orixe, ese vieiro, esa ponte. A da imaxinación literaria. Falar de Brooklyn é tamén falar dunha ponte célebre. Hoxe hai varias que comunican con Manhattan, mais ponte, o que se di ponte, para a xente só hai unha auténtica, a que leva ese nome, talvez o mellor belvedere do lusco fusco urbano, esa misteriosa paisaxe da hora azul, o enmuxicar da sombra, cando toda a cidade semella suspensa no dilema de matar ou prender as luces, de ir durmir ou soñar esperta.

Danny Barreto está a traballar nunha tese sobre o medo na literatura galega do XIX
Más información
"Aínda temos mentalidade de leiriña"

A primeira feitura desta monumental ponte de Brooklyn data de mediados do XIX. Foi un fito para a enxeñería, cun altísimo orzamento monetario, aínda que o prezo incalculábel foi o pagado en vidas de operarios. Tense escrito en metáfora que a ponte podería estar encofrada con ósos. Moitos deses operarios eran galegos, como lembrou Luís Seoane. Nunha reportaxe publicada en marzo do 2006 polo xornal The New York Times, facíase un percorrido polos estabelecementos, bares e restaurantes, da Atlantic Avenue, que aínda reflectían o que foi unha vizosa toponimia tabernaria, ou talasonimia, xa que falamos de peiraos, de inequívoca orixe galaica: Joe Arozza's, Montero's, Catica's, Veiro's bar... Apuntaba o cronista: "Most had Spanish names because this corner of Brooklyn Heights was all Spanish". Home claro.

Esta ponte tivo que cruzala Castelao o 14 de agosto de 1938. Ademais do Goberno republicano, que fadas levaron a Castelao a Nova York e máis concretamente ao histórico mitin-festival de Ulmer Park en Brooklyn? Pois as fadas ou meigas pertencían ao chamado Frente Popular Antifascista Galego e as Sociedades Galegas Unidas. O acto de Ulmer Park fica aínda na memoria por mor das persoas que mantiveron o fío cos derradeiros mohicanos do exilio. E debeu ser inesquecíbel para quen o viviu aquel domingo 14 de agosto en Brooklyn. O xornal latino La Voz de Nova York publicou unha crónica o 16 de agosto na que se dicía: "La víspera del festival de Ulmer Park, nos anunciaban ya de todas las poblaciones vecinas a Nueva York que la colonia gallega vendría en masa a unirse a sus compañeros de la capital, y el mismo sábado por la noche llegaban ya aquí centenares de coches llenos de madrugadores, que querían hacer acto de presencia en el campo, en las primeras horas de la mañana. Repetimos, que mucho esperábamos, y el cronista conoce lo que son reuniones y fiestas campestres o romerías, pero la realidad fue más, muchísimo más, que cuanto podía esperar aún el más optimista".

Da intervención de Castelao, despois de sinalar que provocou "ovaciones enormes", dáse un detalle que pon os pelos crechos: "Fue un discurso hermoso en todos los sentidos. En los últimos minutos de su oración habló a sus paisanos en la lengua vernácula y el entusiasmo se desbordó en este momento, cuando los gallegos oían por primera vez la palabra mágica de un hombre que en la lengua materna sabía narrar la tragedia de la tierra Meiga, con un decir tan llano y tan sublime".

Hai outra crónica, aparecida o 19 de agosto na publicación Frente Popular, editada no mesmo Brooklyn, e comeza así: "Castelao sorprendió a todos el domingo. La enorme concurrencia en Ulmer Park, todos admiradores de Castelao por sus famosas estampas, esperaban ver al artista, al amigo otros y los más al paisano que con su sola presencia había de hacer latir millares de corazones a un ritmo más acelerado. Pero Castelao (...) sorprendió a propios y extraños con la oratoria que, como todo lo suyo, fue original y de un alto valor crítico a los cimientos fascistas de la Península".

Destes e doutros documentos dedúcese que era moi abondosa daquela a presenza da emigración galega en Brooklyn, en particular, mais en todo a zona portuaria e na cidade de Nova York e tamén no Estado de Nova Jersey e outros limítrofes. A actividade que vai despregar nos Estados Unidos nesas datas Castelao, coa compaña principal de Luís Soto, é dunha intensidade abraiante, que lembra o ritmo final dunha campaña electoral á americana. Filadelfia, Cleveland, Ohio, Niagara Falls, Boston, Newark... Algo que reflicte unha solidariedade moi activa non soamente no mundo emigrante senón nunha parte moi sensíbel da sociedade estadounidense, dende os sindicatos a moitos artistas do estudos cinematográficos de Hollywood. Moitos deles pagarían máis tarde, cando a guerra fría e o macartismo, este compromiso antifascista. Publicouse en Galicia, por Edicións do Castro, un libro imprescindíbel para coñecer as dimensións do apoio social e intelectual, que non dos gobernos, á causa republicana: Stars for Spain (La guerra civil española en los Estados Unidos), de Marta Rey García. É tamén moi recomendábel a consulta do traballo de investigación El exilio de Castelao en Norteamérica (textos y documentos), de Carmen Mejía Ruiz (revista Madrygal, 2004).

A derrota republicana, xunto coa crecente ameaza do fascismo internacional, foi seguida, en moitos casos, da derrota persoal. Mesmo Castelao foi caendo nun desacougo de ánimo, agravado pola decadencia física, que o levou á irritación e ao noxo contra o mundo yankee, e que só atenuou coa arte das súas estampas de Harlem, que amosan non só a sensibilidade antirracista senón tamén a súa talla de artista universal. Outros exiliados, como o noutrora destemido Basilio Alvárez, o bravo crego agrarista, afundiron por completo. Basilio, que morrería en Florida en 1943, botaba a chorar por calquera cousa, mesmo por perder ao dominó. Só se recuperaba cando Castelao lle cantaba unhas coplas tan picantes que "trocaba o pranto en risa".

Danny Barreto, o mozo de Brooklyn, comezou a interesarse pola literatura galega da man do Xoán González Millán, unha das grandes lanternas da cultura galega, unha tremenda perda. Mais na CUNY, na City University of New York, Isaias Lerner e Lia Swartz, sabios, arxentinos e xudeus, continúan a manter o Programa Doutoral do Centro de Estudos Galegos, que encetou Emilio González López. É aí onde está a traballar Danny Barreto, nunha tese que é tamén un feitizo: O medo na literatura galega do século XIX.

Camiño de Brooklyn, Danny fálame do medo en Rosalía, Pardo Bazán e Valle-Inclán. O medo a emigrar. O medo a ficar. O medo a morrer fóra. O medo a morrer dentro. E aínda cantamos unhas coplas picantes pola ponte de Brooklyn para espantar o medo.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_