Traducir ou non traducir
Os autores galegos só son lidos en Portugal cando a súa obra se publica no idioma luso
Hai unha ducia de anos, o escritor e xornalista portugués Fernando Assis Pacheco estrañábase de que a súa novela Traballos e paixóns de Benito Prada (Editorial Ir Indo, 1994) na que rememoraba as súas orixes ourensáns, fose editada aquí traducida ó galego. Agora, sen embargo, foi a propia Nélida Piñón a que insistiu en que primeiro A república dos soños (Galaxia, 2004) e logo A casa da paixón (2006) se publicasen traducidas. A teoría comunmente admitida sostén que un lector culto en galego non ten dificultades ningunha para ler en portugués, e viceversa, pero na práctica non sempre se cumpre. É máis, a proximidade parece que torna do interese e é unha escusa para o descoñecemento.
Un dos máis activos constructores de pontes entre as dúas culturas foi o libreiro Xesús Couceiro, que na década dos 70 e mediados dos 80 foi un activo difusor do libro galego en Portugal e o luso en Galicia, "con moita máis axuda alí que aquí", recorda. "Daquela había moito descoñecemento mutuo, pero tamén moita máis ilusión por coñecer", compara Couceiro, defensor de sempre de que é escusado traducir de/para o galego ou o portugués, porque, argumenta, "é unha mesma lingua, incluso un mesmo país".
Un colega seu, Xaime Nogueira, responsable de Andel, unha difusora de libro galego e portugués está relativamente de acordo: "Quen le en galego podería ler en portugués, pero non o fai", sinala. Así e todo, estima que os libros portugueses son o 30% da súa facturación. "Algúns, atraídos por autores como José Saramago ou António Lobo Antunes, atrévense co idioma orixinal. Tamén teñen saída clásicos como Eça de Queiroz".
Na outra beira do Miño coinciden en lamentar o mutuo descoñecemento. "Non temos moita información de parte a parte. Dunha literatura rica e virtuosa como é a galego coñecese pouco máis que Rivas ou Ferrín", asegura Nelson de Mato, un dos máis prestixiosos editores de Portugal, fundador de Publicações Dom Quixote e agora responsable de Âmbar-Ideias no Papel. De Matos admite que o achegamento ortográfico do galego ó portugués podería facilitar a difusión da literatura galega nos mercados lusófonos "mais os pobos deben manter as súas culturas propias, e desmontar as conquistas que Galicia e a súa lingua teñen acadado non é un camiño certo", considera o editor que apostou por Saramago ou Lobo Antunes.
Desde unha posición máis alternativa, António Catarino, de Deriva Editores, coincide exactamente con De Matos ó definir as relacións transmiñotas. Deriva ten un considerable catálogo de autores galegos traducidos. Vén de publicar Abrasivas, de João Pedro Mésseder, en edición bilingüe galego-portuguesa, e está ó tanto das posturas que consideran innecesario traducir os galegos ó portugués, e non as comparte. "Son idiomas que estiveron moito tempo separados, e hai falsos amigos [palabras iguais con significados distintos] e os tempos verbais non son os mesmos", di Catarino. A traducción que publicou de Xurxo Borrazás, Ser ou não, "foi acedamente criticada por reintegracionistas que dicían que era unha versión do español, chea de castelanismos, cando a nosa foi a primeira tradución a outra lingua".
A escritora Rosa Aneiros confesa que cambiou de opinión sobre este tema logo de que lle publicaron Resistência en Dom Quixote. "Os portugueses son bastante cómodos e queren ler na súa lingua, mesmo hai atrancos para a distribución de libros editados en Brasil. E quitado algunhas excepcións, teñen moitísima menos percepción de Galicia ca de Madrid. Un grupo de poetas galegos participou nun encontro en Porto, e estiveron tres días Douro arriba, Douro abaixo, explicando de ónde viñan. Homenaxeáronos na despedida tocándolle o himno español".
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.