_
_
_
_
Reportaje:LUCES

Animando a Saramago

O Nobel amósase encantado coa versión de debuxos animados do seu único conto infantil que prepara o multipremiado cineasta galego Juan Pablo Etcheverry

"Encantoume o que vin e teño unha enorme curiosidade por ver o que falta". Así de entusiasta se mostra o Nobel José Saramago coa adaptación do seu libro para nenos A flor máis grande do mundo, unha curtametraxe de animación en plastilina na que está a traballar o director santiagués Juan Pablo Etcheverry. Producida pola división de animación da productora galega Continental, esta curta é case unha superprodución neste xénero, xa que tamén levará a música orixinal de Emilio Aragón.

A flor máis grande do mundo é o único texto para nenos que escribiu Saramago, e foi publicado a principios dos anos setenta. O argumento trata de alguén que quere contar unha historia, pero non sabe cómo contala. Durante anos, o libro pasou absolutamente desapercibido, ata o punto de que o propio Saramago confesa que, cando o seu editor o chamou para reeditalo e traducilo a varios idiomas, "nin me lembraba de que escribira un libro para nenos".

A curtametraxe levará a música orixinal composta por Emilio Aragón
"Nin me lembraba de que escribira un libro para nenos", renoñece o autor portugués

O texto chamou a atención de Chelo Loureiro, productora executiva de Continental Animación, que lle fixo ó escritor a proposta de adaptalo a unha curtametraxe animada. "Sempre son un pouco escéptico de entrada", confesa José Saramago, "pero neste caso conversei co director e vin que era un rapaz con boas ideas. Daquela dixen inmediatamente que si".

Ese "rapaz con boas ideas" do que fala Saramago é Juan Pablo Etcheverry, un santiagués de 32 anos, formado nas Belas Artes e considerado un dos grandes talentos da animación española. Etcheverry dirixiu previamente Minotauromaquia, unha curtametraxe galega que foi candidata ós premios Goya e ós premios de Cine Europeo.

Esta curta de animación sobre o universo de Pablo Picasso acadou case medio cento de premios, e foi seleccionada en 200 festivais de países como o Reino Unido, Xapón, Francia, Canadá ou Estados Unidos, onde chegou ser proxectada no Moma de Nova York. Anteriormente, Etcheverry dirixiu De tripas e corazón, outra magnífica curta de animación en plastilina, que mandou a un concurso de fans do grupo británico Radiohead, e acabou sendo seleccionada nun DVD recompilatorio apadriñado polo propio grupo.

Desde o seu estudio de Ferrol, sempre coa plastilina entre as mans, Etcheverry recoñece que, despois do éxito acadado con Minotauromaquia, adaptar este texto "é un gran reto para min, porque é a primeira vez que me meto a facer unha historia doutra persoa, e ademáis de alguén como Saramago". O director non agocha que de inicio tivo moitas dúbidas. "Non sabía se o quería facer ou non, porque a historia non é doada", explica. "Eu fago animación para adultos e partimos dunha historia que parece para nenos, pero que non é só para nenos, senón que está nun camiño intermedio". Esas dúbidas iniciais semella que se esvaeron porque Etcheverry móstrase "moi contento coa adaptación e cos resultados que estamos a ter".

Antes do verán, Etcheverry tivo ocasión de verse con Saramago e con Emilio Aragón. "Mostreilles unha animática [primeiro esbozo animado], e gustoulles. Foi cando estivemos gravando a música e a voz de Saramago, que tamén aparece como narrador e como personaxe, xa que el forma parte do conto". A productora Chelo Loureiro explica que Emilio Aragón tamén mostrou moi boa disposición, porque "el xa compuxera unha música para este conto, e ata chegou gravala coa narración de Alejandro Sanz". No pasado Festival de San Sebastián, Loureiro mostroulle a Saramago un fragmento máis avanzado da curta e o Nobel quedou sorprendido. "Observei que a atmósfera do conto está perfectamente plasmada desde as primeiras imaxes, e fíxome graza velo personaxe do neno coas súas perniñas fracuchas", afirma un Saramago ó que se lle ve encantado co proxecto. Preguntado sobre se, como autor, trata de influir sobre o traballo, o autor de Ensaio sobre a cegueira afirma rotundo: "Non teño por que estar a darlles opiniós, e deixeilles facer o seu traballo. Ademais gústame ese espírito un tanto misioneiro da xente que traballa nestas cousas, sen apenas compensación material". A flor máis grande do mundo, é un dos varios proxectos de animación que afronta a productora Continental, que acaba de presentar

De Profundis, de Miguelanxo Prado. Segundo explica Chelo Loureiro, "a idea é facer productos de calidade, apostando polo traballo de autor". Se a experiencia sae ben, o seguinte proxecto será facer unha serie de curtametraxes adaptando contos de grandes escritores.

Mentres remata a súa versión animada de Saramago, Juan Pablo Etcheverry segue traballando duramente, co ritmo teimudo da animación. Para facerse unha idea, un minuto de animación pode levar ata un mes de traballo, e está previsto que A flor máis grande do mundo dure dez minutos. Como ben sentencia con lucidez o escritor portugués: "As persoas que traballan nestas cousas son case herois, por iso espero que o traballo saia ben e teña éxito".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_