_
_
_
_
Reportaje:CENTRO E PERIFERIA | Luces

Ler ou non

A presenza dos clásicos galegos no ensino non reciba a atención que merece

Vai para un ano citei na clase o arranque dun poema: "Encheremos as velas / coa luz náufraga da madrugada". Ningún dos alumnos deu identificado o seu autor. Significa iso algo? Aínda non o sei, mais dende aquela non deixa de medrar en min a conciencia dunha perda. Algúns dos autores que máis quero están a se esvaecer da memoria literaria dos meus alumnos. Obrigarme a escribir sobre iso é un xeito de combater o ton apocalíptico que xeralmente acompaña unha evidencia: lemos cousas distintas das que len os máis mozos, e lémolas dun xeito diferente.

A presenza (ou ausencia) dos clásicos da literatura galega no sistema de ensino obrigatorio é unha cuestión decisiva. Afecta directamente ao xeito no que estamos enfrontándonos á transmisión do noso pasado cultural. Un pasado cultural ameazado. Por iso mesmo é de estrañar que o problema non estea a merecer a atención que require.

Algúns dos autores que máis quero esváense da memoria dos meus alumnos
Ningunha lingua debería ser independente dos seus nin un fetiche
No posmodernismo tendeu a identificar educación do gusto con autoritarismo
Non é axeitado que as aulas renuncien á 'Contra Maquieiro' ou 'Herba aquí e acolá'

Paradoxalmente, a crise do ensino da literatura galega vén coincidir coa preeminencia concedida á lingua por parte do nacionalismo hexemónico. Pero ningunha lingua debería aspirar a ser un fetiche. E o que é máis importante, ningunha lingua é independente dos seus usos. As linguas transmiten ideas, sensacións e valores que a miúdo os textos literarios encarnan dun xeito singular. Unha cousa é impoñer nas aulas o pasado literario, como se se tratase dunha realidade unívoca, e outra ben diferente é minorizalo nos programas de estudos. Facelo implicaría limitar de xeito substantivo o horizonte de lecturas que nos permite habitar o mesmo espazo aos adultos e aos mozos.

Benvidos ao deserto do real. Na fin da Galaxia Gutenberg, o importante xa non é que os rapaces lean a este autor ou a aqueloutro. O importante é que lean. Xa non se trata de experimentar aquilo que só certos autores, e dunha certa maneira, transmitiron nalgunhas obras, e só nesas. Trátase de ler aquilo que os profesores, en cánones mudables, lles damos para que escollan. Como me dixo un dos meus alumnos: "Vostede lía o que lle mandaban, agora lemos o que queremos ler".

En plena vixencia do paradigma posmoderno da multiculturalidade, púxose de moda refugar o canon. A finais da década pasada, os estudosos da literatura tendían a identificar as xerarquías culturais e a educación do gusto co autoritarismo. Pero tamén é certo que o debate afectou máis a unas literaturas que a outras. No caso galego, cumpriría preguntarse até que punto o tradicionalismo cultural está a ser reemprazado polas demandas do mercado da literatura infantil e xuvenil. Sobre todo se esta literatura é considerada máis rendible que a edición dos clásicos. Nos últimos anos, teñen sido celebradas con xustiza algunhas achegas da literatura infantil e xuvenil galega. Mais non parece axeitado que a súa imposición social relegue nas aulas a inmensa potencia cultural e política de Follas Novas -que nin sequera a miña xeración tivo que ler integramente na escola-, De catro a catro, Herba aquí ou acolá ou Contra Maquieiro.

Antonte visitei a vila de Betanzos. O sartego dun dos últimos representantes da nobreza local parecía encarnar unha turbadora alegoría da lectura. De súpeto, regresou até min aquela clase. Un Walter Benjamin galego atoparía na tumba unha ocasión de ouro para tecer as súas melancólicas reflexións sobre a historia. Os catro anxos debruzados sobre Fernán de Andrade, alcumado o Bo, sosteñen un libro do que o espectador non sabe nada. Pero o que importa nesta alegoría non é o feito de que xa non poidamos acceder ao sentido dos libros. O relevante é que os catro anxos están decapitados. Se o espectador se achega o suficiente, poderá mesmo ver, con todo detalle, os seus peíños descalzos. Pero a cabeza só pode imaxinala. Seremos nós, lectores do século XXI, algo máis que catro anxos sen cabeza? (Se me desculpan a licenza, quixera dedicarlles este artigo aos meus alumnos, que me fan un pouco menos miope do que son).

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_