'Os Crebinsky' bótanse á conquista de Asia
Mentres o Universo Crebinsky segue de xira por Galicia, o filme non para de recibir convites para ser proxectado polo mundo. A última confirmación é a do Festival Internacional de Pusan (PIFF), que se celebra en Corea a primeiros de outubro. Unha representación dos programadores deste festival coreano foi convidada polo Instituto da Cinematografía para visionar as últimas producións españolas. Os Crebinsky resultou a seleccionada.
Pusan é un dos máis puxantes certames de Asia, e que ademais engloba o Asian Film Market, mercado chave para distribuír os filmes na área asiática. "Estamos moi contentos, porque será o único filme español que entra na sección oficial", declara o director Enrique Otero, que busca apoio institucional e algunha axuda para sufragar os custos da viaxe. A representación galega compartirá alfombra vermella con directores como Oliver Stone, Abbas Kiarostami, Carlos Saura ou Zhang Yimou, convidados de honra do festival, xunto coa actriz Juliette Binoche. "Igual é por iso que xa me avisaron que fose de etiqueta", bromea Otero.
Á espera de Sundance
A película está comezando o seu periplo de festivais internacionais e tamén estará presente na sección oficial do festival de São Paulo, en Brasil. E están á espera da posible resposta dun festival de maior repercusión, Sundance, algo que para Otero "vai ser difícil, pero as posibilidades son reais". Ademais de festivais de todo o mundo, houbo importantes certames españois, como San Sebastián ou Xixón, cos que houbo contactos para exhibir a fita nas súas seccións paralelas, aínda que finalmente non se concretaron.
"Todo este mundo dos festivais internacionais é un pouco delicado, e se estamos nun igual non podemos estar noutros, por temas de exclusividade. Por estas incompatibilidades tampouco puidemos estar na sección oficial Ourense", explica este realizador de Ortigueira. En poucos días tamén recibirán resposta dalgún festival interesante en Europa, e están negociando o peche dunha data en Mexico D.F., desta volta coa banda de Universo Crebinsky ó completo.
Unha vez cumprido o ciclo de festivais, Os Crebinsky preparan o camiño para a distribucion en salas de cine. "Xa temos as copias financiadas, e estamos negociando as condicións con dúas distribuidoras. Unha das cousas que propuxemos é intentar que sexa en versión orixinal", conclúe Otero, ilusioando co periplo que está a comezar.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.
Archivado En
Últimas noticias
Un récord para Mbappé en la noche del desencanto del Bernabéu con el Real Madrid
La Real Sociedad ya tiene nuevo entrenador: Pellegrino Matarazzo
Una manifestación recorre el centro de Valencia para denunciar que el precio de la vivienda es “impagable”
Real Madrid - Sevilla | Mbappé, tras igualar el récord de goles de Cristiano: “La celebración era para él, es mi ídolo”
Lo más visto
- Uno de los promotores de la señal V-16 de tráfico: “Es duro oír el testimonio de víctimas que han sufrido amputaciones al poner los triángulos”
- Cae una organización que enviaba camiones cargados de cocaína desde Marbella hasta varios países europeos
- Más de 40 congresistas demócratas piden por carta a Trump que cese en sus “intentos de socavar la democracia en Brasil”
- La policía registra varios domicilios y las oficinas de la ministra francesa Rachida Dati por otro presunto caso de corrupción
- La Administración de Trump publica solo una parte muy censurada de los papeles de Epstein, aunque la ley le exigía difundirlos “todos”




























































