_
_
_
_
Luces

De divertimento a paixón

Andrés Domínguez estuda a historia do deporte galego

De divertimento en días de feira e romaría a paixón que move masas no social e económico, o deporte é boa desculpa para trazar a evolución da sociedade en Galicia. Pero ninguén se aplicou a facelo. Quizais porque non é tarefa sinxela, as fontes escasean e as que existen son difíciles de consultar. Di Andrés Domínguez Almansa que para el foi "un reto persoal". Doutor e investigador adscrito ao departamento de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago, Domínguez quería entrar en ámbitos inéditos. O froito desa inquietude é Historia Social do Deporte en Galicia, 1850-1920, editada por Galaxia.

O deporte revélase como un bo termómetro para entender o proceso de modernización e transformación daquel tempo. Domínguez traza unha evolución cronóloxica que culmina nunha data emblemática, o ano no que España logra as súas primeiras medallas nuns Xogos Olímpicos e a emerxente selección de fútbol alcanza unha prata que durante anos se vendeu como representativa da furia e que no futbolístico serviu para ocultar carencias técnicas. O franquismo reivindicouno como sinónimo de raza e españolismo por máis que aquel combinado estivese formado por 13 vascos, catro cataláns e catro galegos.

O traballo de Domínguez efectúa ademais un percorrido pola relación dos diferentes estratos sociais co deporte e ilustra as reticencias eclesiásticas cara a unha actividade que desde cedo se identificou en Galicia co progreso. Nese contexto comezan a ter fortuna sobre 1874 as primeiras sociedades ximnásticas vinculadas a símbolos do republicanismos liberal como o navieiro Federico Tapia. A apertura dunha entidade como El Gimnasio en Vigo marca un fito neste proceso. "Abonda entender que en 1936 foi unha das sociedades clausuradas e non volveu abrir", apunta Domínguez, que identifica a sociedade olívica co "paradigma de progreso decimonónico": un lugar onde se organizaban charlas e faladoiros, obras de teatro, había prensa e, sobre todo, facíase deporte.

Nos ximnasios identifica o autor a semente da evolución do deporte en Galicia, lonxe da utilidade política e militar que xermolou noutros lares. "Aquí prendeu máis a vertente lúdico-social", detalla. Tampouco as organizacións de traballadores se apuntaron en principio á moda do sportmen, que por máis que fose progresista non deixaba de ser burgués. Aí o autor acaba por tecer a evolución que levou a que proletariado e deporte deixasen ser antagónicos, especialmente a través do fútbol, que irrompeu nas clases populares para ocupar un espazo de sublimación localista amparado non en poucas ocasións pola propia prensa da época. Ata suscitou paixóns en Castelao, que seguía con paixón os partidos do desaparecido Eiriña pontevedrés. Tras 1920 a historia continúa, con outros matices, pero, segundo Domínguez, non menos apaixonantes e nos que xa anda a traballar.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_