Buenos Aires, capital das artes
A cidade preferida polos artistas galegos na segunda metade do século XX xa non é tal
Houbo un tempo, ainda non moi afastado, no que a capital de Arxentina converteuse no epicentro da arte galega pola presenza dos artistas que fuxiron trala Guerra Civil e por outros que chegaron máis tarde atraídos pola nutrida comunidade galega e que rematarían por desenvolver unha importante actividade cultural en Buenos Aires. Castelao, Manuel Colmeiro, Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane son catro nomes moi significativos e influintes na arte galega do pasado século que viviron durante varios anos na urbe arxentina. Colmeiro, Díaz Pardo e Luis Seoane acabaron por regresar a Galicia, pero nas súas obras e ideas xa estaba moi presente a súa estadía en na cidade da Plata.
O académico Xosé Luis Axeitos cre que pode decirse que Buenos Aires foi a capital da arte galega neses anos aínda que puntualiza que os grandes plantexamentos "fíxeronse desde Galicia". A realidade é que Iberoamérica en xeral e Arxentina en particular convertéronse no gran mercado da arte galega. Buenos Aires tomou o relevo de La Habana, que ata os anos 30 fora o principal foco de atracción para os artistas galegos en América, pero a crise económica que padeceu Cuba a partires da década dos 20 desviou as súas preferencias cara a Arxentina. "Agora ocorreu o fenómeno contrario e a partires da última crise económica que se desatou no país austral se están a vender moitas obras de artistas galegos como Colmeiro e Laxeiro presentes en coleccións arxentinas. Moitas pezas están a ser repatriadas grazas a crise económica", indica Axeitos.
Aínda está por escribir a historia sobre a pegada da arte galega no Río de la Plata
Hai moito material escrito sobre a influencia que exerceu na arte galega a estadía dun número tan significativo de artistas en Buenos Aires durante tanto tempo. Sen embargo, Axeitos destaca que aínda está por escribir a historia sobre a pegada que deixaron os artistas galegos en Arxentina e que é indudable, por exemplo, no que se refire ós medios gráficos. "A nosa cultura foi moi periodística porque tiña que darse a coñecer. Luís Seoane ocupou un papel fundamental no desenvolvemento dun proxecto hemerográfico importantísimo. Os galegos contribuiron moito á renovación das artes gráficas en Arxentina, incluso antes de Seoane coa presenza de xente coma Federico Rivas ou Xosé María Cao", indica o académico, quen tamén lembra que hai casos coma o de Seoane que é considerado un arxentino máis. "Non lle digas a ninguén de alí que Seoane é galego porque o consideran un dos seus", sinala.
A pegada dos galegos en Buenos Aires puido sentirse en acontecementos como a celebración dunha gran exposición sobre a obra realizada polo pintor lalinense Laxeiro durante os 20 anos nos que residiu en Arxentina, entre 1952 e 1971. O director-xerente da Fundación Laxeiro, Javier Buján, suliña a gran asistencia de público no Museo de Bellas Artes da capital arxentina durante a inauguración da mostra. "Laxeiro é un artista con moito tirón alí é ademáis era unha persoa moi aberta e que se relacionaba con todo o mundo, por iso hai moita xente que recorda o seu traballo", sinala Buján.
Na actualidade non existe moita obra de gran formato de Laxeiro en Arxentina, aínda que si poden atoparse catro pezas importantes no Museo de Arte Moderno de Buenos Aires e outras dúas no propio Museo de Bellas Artes. A Fundación Laxeiro está a traballar nestes momentos nun proxecto para elaborar un mapa sentimental sobre a presencia e a obra do pintor de Lalín en Buenos Aires.
Resulta moi chamativo que a cidade que foi una peza clave na arte galega da segunda metade do século XX non teña agora a mesma capacidade de seducción para os artistas galegos de hoxe. Os grandes nomes da arte galega dos últimos anos (Antón Lamazares, Francisco Leiro) elixen outras cidades para vivir e traballar coma Nova York ou Berlín. A capital xermana tamén é un importante foco de atracción para algúns xóvenes artistas galegos que acuden alí para completar a súa formación.
Axeitos estima que esta circunstancia está relacionada coa situación do mercado da arte. "Está moi claro que a capital do mundo na actualidade é Estados Unidos e por iso o artista que vai na procura deste tipo de cousas ten que ir alí", explica o membro da Real Academia Galega.
Ó seu xuízo non é facil que esta situación mude no futuro porque non estamos nun momento no que a cultura tradicional vaia a voltar ó primeiro plano da actualidade. "Se a algún artista lle interesa profundizar nestes temas entón terá que ir a Buenos Aires para entender moitas das cousas que aconteceron na cultura galega", engade.
Axeitos non se amosa optimista cara ó futuro xa que, na súa opinión, as culturas periféricas "están a morrer por inanición porque no mundo actual cada vez hai menos espazos para este tipo de cultura".
Malia este panorama, hai algúns sinais esperanzadores, como a celebración o ano pasado da Bienal de Pontevedra á que foron invitados artistas de Chile, Uruguai e Arxentina que tiveron a oportunidade de amosar en Galicia o seu traballo. A situación económica deu a volta e as migracións tamén o fixeron. Resultará dificil que Buenos Aires volva a ser a capital das artes que atraeu ós artistas galegos, pero non sería bó esquecer a gran influencia que eses anos de estadía de moitos galegos en Arxentina deixou na cultura de aquí. Quizáis a intención de que a Cidade de Cultura se convirta nunha ponte entre con Iberoamérica sexa una boa oportunidade.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.