_
_
_
_
_
DÚAS LINGUAS SEN FRONTEIRA | LUCES

O contacto galego do Zeca

"Logo do concerto de Compostela en 1971", rememora Suso Iglesias, "eu encetei amizade con José Afonso". E continúa describindo a historia común: "Visiteino na súa casa de Lisboa varias veces, el era moi bo anfitrión, e cando fun vivir a Madrid, montei o seu primeiro concerto en España". Un ano antes da Revolución dos Cravos, José Afonso puña os pés en Madrid. Era no auditorio do Colexio Mayor San Juan Evangelista, popularmente coñecido coma o Johnny.

"No Johnny actuaban todos os cantautores de esquerdas, os grupos de jazz ou mesmo os Burning", explica o xornalista galego. Dous militantes trosquistas de Valencia axudaron na organización do acto. "Custou moito convencer aos responsábeis do Johnny de que cedesen o auditorio para un músico portugués, daquela completamente descoñecido no estado", asegura. Grândola, Vila Morena aínda non soara pola radio o 25 de abril e a figura de José Afonso non excedía as fronteiras do seu país. No entanto, segundo Suso Iglesias, o Zeca era o máis semellante a unha estrela entre a nova música portuguesa nos anos 60 e 70. "Renovara o fado de Coímbra e iso convertírao en moi popular", afirma.

Para o primeiro concerto madrileño de José Afonso, a organización -Iglesias e os dous trosquistas valencianos- mesmo repartira un pasquín coas letras traducidas ao castelán no que axudara algún outro xornalista, galego e militante, residente no Madrid do tardofranquismo. "Tamén resultou complexo conseguir a visa da censura para o libreto das traducións", relata, "e precisamos empregar algunhas mañas máis ou menos habelenciosas".

A viraxe estética

Naquel tempo, o Zeca Afonso viña de realizar o primeiro xiro copernicano da súa carreira fonográfica. O longa duración Cantigas do máio, que contiña o himno revolucionario de abril do 74, trazaba unha liña estética na que ecoaban a música pop ou as tradicións percusivas africanas. O responsábel dos arranxos, José Mário Branco, maoísta e cerebro dos Grupos de Acción Cultural -que levaban a música de autor comprometida polas zonas periféricas de Portugal-, sinaláralle o camiño ao cantor de Coímbra. "O que a esta altura aínda resulta impresionante", confesa Uxía Senlle, "é a enorme e abraiante contemporaneidade da obra discográfica de José Afonso".

Cando, en 1994, se publicou en Portugal o disco colectivo Os filhos da madrugada, a modernidade do traballo musical do Zeca ficou, para moitos portugueses, definitivamente esclarecida. "Aquel cedé foi a chave da revalorización de José Afonso entre as novas xeracións de músicos portugueses", confirma Iglesias, "e coincidiu co proxecto do Xabarín Clube de xuntar pop de Galicia e Portugal". Xuntos & Pontapés ou GNR, que reinterpretaban ao mítico autor portugués, acharon tamén oco nos populares compilatorios do programa infantil da televisión pública galega.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_