_
_
_
_
Reportaje:DÚAS LINGUAS SEN FRONTEIRA | LUCES

Das bicicletas á eurorrexión

Ponte... nas Ondas! impulsa o contacto coa lusofonía a través das radios escolares

O lema do décimo aniversario de Ponte... nas Ondas! foi Educación + Medios de Comunicación + Novas Tecnoloxías + Cultura =Ponte... nas Ondas!. Pero ao principio non aspiraban a tanto. A prensa bautizounos o 29 de marzo de 1995, cadrando nas mesmas páxinas a fasquía da nova ponte internacional entre Salvaterra e Monçao, que desatafegaba a única existente entre Valença e Tui, coa ponte radiofónica tendida ad hoc por 15 centros de primaria da comarca do Condado e outros sete de Monçao, Valença e Melgaço.

Ese día, galegos e portugueses de entre oito e catorce anos responderon á pregunta ¿Que farías ti para mellorar a relación entre os dous pobos?, con dúas bicicletas en xogo. Segundo Santiago Veloso, impulsor da asociación cultural e pedagóxica Ponte... nas Ondas!, a axuda institucional que tiveron daquela foi "cero". "O único, que Inspección Educativa de Pontevedra tolerou que o fixeramos", di. Algunhas cousas mudaron. En 2004, o European Bureau for Lesser Used Languages (EBLUL) outorgáballes a cualificación de "experiencia modelo". O ano pasado levaron o Premio Galicia de Comunicación e o premio aos Bos e xenerosos da Asociación de Escritores en Lingua Galega. O vindeiro 1 de xuño, co lema Na rede do Patrimonio, a convocatoria de Ponte... nas Ondas!, na que xa participan 60 centros, emitirá en podcast para Galicia e os países da lusofonía. Entre os seus proxectos actuais, un autobús -Ponte Móbil- para levar o estudio de radio aos centros, e a proposta dun congreso anual sobre tecnoloxías da educación e medios de comunicación.

"Hai que crear un centro de referencia e rexistrar o patrimonio inmaterial compartido"

Na súa evolución hai cousas "bastante inauditas para o século pasado". En 1998 chamaron a Telefónica e a compañía envioulles un equipo para poderen emitir por Internet sen problemas co ancho de banda. O mesmo ano contactou con eles a xornalista galega Julia Otero, que lles permitiu usar a súa imaxe nos cartaces da seguinte edición. En 1999, Cultura fixo as primeiras achegas para cartelería. "O dos cartaces debeulle abrir os ollos a alguén", di Veloso. En 2000 conectan con Iñaki Gabilondo e Diamantino José, da Antena 1 de Lisboa. Uxía e Joâo Afonso gravan o Cantar galego do Zeca Afonso, e na mesma edición deciden facer un programa pioneiro: Pintando nas Ondas. Elaboración dun cadro con participación interactiva por teléfono e Internet.

O traballo agrándase un ano despois, cando se deciden a impulsar a candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. Dentro da súa nova liña de protección do patrimonio, a UNESCO elixe bianualmente desde 2001 Obras mestras intanxibles, na consideración de que as culturas cun maior risco de desaparición son as que aínda encarnan persoas. Veloso comezou entón a reciclar o traballo na radio para impulsar a candidatura, a primeira promovida por escolas de dous países. Tratábase de subliñar a raizame común da cultura agraria, a tradición oral vencellada ás actividades agromarítimas, os oficios tradicionais, o ciclo festivo e a literatura de tradición oral. "Houbo que facer moita pedagoxía cos estados, porque eles non ían preocuparse dunha candidatura que presenta un patrimonio compartido".

O fallo da UNESCO en 2005 deixou sen Obra mestra á candidatura impulsada por Ponte... nas Ondas! A galego-portuguesa chegou á derradeira quenda de deliberacións, pero alí atribuíuselle "un extraordinario campo de referencias que dificulta o plan de acción", segundo o informe do Consello Internacional de Filosofía e Ciencias Humanas de Portugal, que contradicía neste punto o prace de antropólogos como Abílio Lima de Carvalho.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

"Cómpre que a Xunta lle propoña urxentemente a Portugal a inclusión outra vez da candidatura. A UNESCO recomendou volver presentala, e xa Madrid nos acompañará", considera Veloso. Desque goberna o bipartito, as achegas de Cultura á dinamización do patrimonio inmaterial ascenden a 150.000 euros. A Universidade de Vigo está preparando un informe que intentará desenferruxar o plan de acción da candidatura, pero Veloso arela ir "máis alá". Ademais de instituír o novo proxecto da UNESCO, Tesouros vivos, centrado nos portadores tanxibles deste patrimonio -desde os regueifeiros de Bergantiños aos cantos de labor da Señora Carme de Mos-, "hai que crear un centro de referencia para a eurorrexión e un rexistro que cartografíe estes bens".

No entanto, Ponte... nas Ondas! reclama a inclusión deste patrimonio nos currículos escolares. Sobre esta cuestión, Veloso afirma que Educación "non axuda". "Mesmo nos puxeron obstáculos", asegura. "O último, impedirnos a presenza no encontro internacional de radios educativas en Chile, no que Ponte... nas Ondas! era a atracción".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_