_
_
_
_

Libros ao servizo da patria

Naquel círculo de xiz galaxiano —a expresión é un arremedo de Xosé Manuel Beiras sobre o título de Brecht— que xogou a carta da resistencia cultural contra a ditadura, había homes de todas as pelames. Fermín Penzol foi un deles, o bibliófilo conspicuo e a base económica sobre a que, en non poucas ocasións, se apoiou Ramón Piñeiro. Fóra dos focos e da dedicación á escrita dos seus compañeiros, cos anos foi conformando unha das máis importantes bibliotecas "de tema galego". E Penzol colocou, dende 1963, os seus libros "ao servizo da patria".

"Penzol fixo o que non fixo ningún bibliófilo", explica o académico Xesús Alonso Montero, "xunta libros dende os 15 anos e, chegado un momento, decátase de que deben ser de acceso público". Foi xa 1956 cando aquel galeguista e cazador de libros, nado en Sahagún de Campos en 1901, decidu entregar o seu tesouro á Editorial Galaxia. Sete anos despois quedou formalmente organizada a Fundación Penzol, na actualidade con sede na praza da Princesa de Vigo. A escolla da cidade non foi aleatoria: A Coruña contaba coa Academia e Santiago coa universidade e o vello Seminario de Estudos Galegos reconvertido en Padre Sarmiento; Lugo, Ourense e Pontevedra, con museos; en Vigo non había nada.

Toda la cultura que va contigo te espera aquí.
Suscríbete

Babelia

Las novedades literarias analizadas por los mejores críticos en nuestro boletín semanal
RECÍBELO

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_