O Valedor e o desvalimento
No bestiario do Real Madrid a primeira besta temíbel é Guardiola, dunha elegancia temíbel. E no seu vestiario reina hoxe o portugués Mourinho (xa vostede repararía en que se chama igual que o actual propietario do Celta, Mouriño. O mesmo apelido escríbese distinto porque Mouriño ten nacionalidade española, xa Nebrija avisou de que a gramática vai ligada ao Estado).
O Mourinho representa o lado escuro do fútbol, non teme andar na lama, ese é o torreiro que quere para bailar, e mesmo gosta de enlamar a quen se achegue. Haille que recoñecer que ten algo de atractivo, o do malo, e sobre todo que ten un gran sentido teatral, fai do fútbol un drama; do deporte, teatro. E ese malandro formou no vestiario do clube blasón do españolismo madrileño unha cuadrilla de portugueses e brasileiros que naturalmente falan entre eles nesa lingua na que o Mourinho bota "caralhos" (da provincia de Pontevedra para abaixo e no resto do mundo escríbeno así, desculpen). Un século despois de que Alfonso XIII de España e os seus xenerais e demais tropa planease a invasión de Portugal, o españolismo teme que marche Cataluña e unha manda de portugueses e brasileiros é a dona do Real Madrid. O Real Madrid é bilingüe! Agora que aquí fan ao revés, a desfacer a Lei de Normalización Lingüística. A desfaceren a autonomía, ninguén se engane.
Asistimos á burla da autonomía. Pero non somos catro provincias, somos unha nacionalidade
A Transición foi unha retesía na que a dereita española, que tiña todo o poder, aceptou ceder parte do terreo ao antifranquismo, e o antifranquismo tiña un programa que incluía as liberdades democráticas e o recoñecemento político das nacionalidades. Iso foi aceptado e pactado no substancial. Outra cousa é o que está a facer agora a dereita, reconquistar o terreo cedido: o pacto político que deu lugar á Constitución vixente está roto, e a dereita españolista dun lado e os nacionalismos vasco e catalán do outro póñeno en custión. A nós estanos correspondendo, sen dúbida, tragar a política neonacionalista que chega de Madrid. Quen reclamou no seu día liberdades, política social e autogoberno contra Franco e logo o Estatuto de Autonomía que nos negaban pode dicir que asiste a un ataque contra todo polo que loitou. Asistimos á burla da autonomía, un goberno creado por indicación constitucional para protexer os nosos intereses e a identidade colectiva lexisla contra a lingua propia da Galiza. E o Valedor do pobo quere que un libro de texto teña que dar explicacións do artículo V do Estatuto: "O galego é a lingua propia de Galicia". Como se houbese que precisar máis, como se a Constitución non fixese obrigatorio coñecer o castelán. Na situación na que vivimos, que lingua e que falantes teñen que ser protexidos e animados? A quen lle val o Valedor?
A Constitución recoñece a Galiza como "nacionalidade histórica", malia todo. E temos un Estatuto que é o froito de sangue, cárcere e exilio, non foi regalado graciosamente polo Estado centralista. Non é obrigado vivir entre nós, somos galegos, xa se sabe, revirados, obtusos; marchar deste país é libre, os galegos levan séculos marchando e falando todas as linguas que se lle puxeron por diante. Non, non somos catro provincias, somos unha nacionalidade. Quen non estea a gusto debe buscar onde estar, o que é atrozmente incívico é vir aquí a dividir e sementar odio. Non, non somos catro provincias da Puerta del Sol, somos unha nacionalidade.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.