_
_
_
_
_
Luces

Tres novos títulos para a serie 'No país dos contos'

No país dos contos, a colección de libros infantís que promoven a edición galega de EL PAÍS e a Editorial Galaxia, ofrece tres novos títulos nos vindeiros días ao dispor dos lectores deste xornal. Mañá, co exemplar do periódico pódese adquirir ao prezo de 1 euro o volume Mola que chova, con texto e ilustracións de Renata Otero.

A serie continúa o vindeiro luns con Puag, que noxo!, un conto da galardoada escritora Fina Casalderrey. Este libro está ilustrado por Xan López Domínguez. O mércores, estará nos quioscos un relato doutro autor que conta con diversos premios na súa traxectoria, Xabier P. Docampo, De cores e de amores, escrito e ilustrado a medias con Xosé Cobas.

A colección No país dos contos, que chegou aos quioscos o pasado domingo, abrangue 22 títulos destinados aos máis cativos e impresos en cuatricomía e con tapa dura. Os libros véndense conxunta e inseparablamente con EL PAÍS tódolos luns, mércores e venres.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_