_
_
_
_
Reportaje:LUCES

"Chorei coa 'Lingua das bolboretas"

A versión en farsi da obra de Manuel Rivas estará nas librarías de Irán a comezos de 2008

A xornalista iraniana Jeiran Maghadami finalizou a tradución ao farsi (idioma oficial de Irán) dos relatos A lingua das bolboretas e Un saxo na néboa, incluídos no libro Que me queres amor?, do escritor galego Manuel Rivas. O libro será publicado pola editorial Man Ketab e estará nas librarías de Irán a comezos do vindeiro ano. Esta é a primeira vez que un autor galego contemporáneo é traducido ao farsi.

Miles de iranianos medraron lendo, en farsi, as historias máxicas e tamén reais de García Márquez, Vargas Llosa, Juan Rulfo ou recitando poemas de Pablo Neruda ou García Lorca. Este xermolo, sementado pola xeración da guerra con Iraq (1980-1988), prendeu nun grupo apaixonado, pola lingua, a cultura e os costumes de vida hispanos. Arredor de 4.000 estudantes, a meirande parte mulleres, enchen as aulas da Universidade Alame Abatabai, pública, e Azadi, privada; como as da Escola de Idiomas de Teherán e as catro academias particulares que imparten castelán.

Para algúns dos que finalizaron os seus estudos, o castelán é unha forma de vida. Son tradutores de embaixadas como a de Venezuela ou Cuba, traballan para empresas españolas en Irán, traducen autores españois e hispanoamericanos ao farsi, ou mudaron en profesores de castelán.

Jeiran Maghadami naceu non hai máis de 30 anos en Teherán no seo dunha familia de intelectuais. Descubriu os mestres da literatura suramericana dende cativa, na biblioteca dos pais. "O meu soño dende cativa era ler aquelas historias e poemas que tanto me emocionaban na súa lingua orixinal", relata nun café ateigado de mozos universitarios en pleno centro de Teherán. Neses relatos e versos descubriu que a España de hai medio século e a Hispanoamérica actual tiñan moito en común co seu propio país. Sempre, durante séculos, invadidos, reprimidos,mais nunca asoballados.

A saga dos Buendía, os internados de Lima, ou as mulleres de Hernández ("unha muller morena, resolta en lúa, derrámase fío a fío sobre o berce", recita Jerain apenas nun salaio) ten os seus émulos nos milleiros de familias iranianas que labraron, a forza de mágoas, o carácter tenaz, hospitalario e sinxelo dos persas.

Jeiran é xornalista e tradutora. Colabora en revistas culturais e escribe para o xornal Etemad. Comezou a traducir a autores casteláns ao farsi en 2004. Primeiro Las alturas del Machu Pichu, de Neruda. Logo Cortázar (Cronopios), Ernesto Sábato (El túnel), Juan Rulfo (Pedro Páramo). E numerosos contos e poemas para as revistas: Bécquer, Hernández...

Até que un día Jorge Rodríguez, un profesor de español que deu aulas durante seis meses en Teherán, introduciuna na obra de Manuel Rivas. "Comecei a ler A lingua das bolboretas e logo Un saxo na néboa e non puiden parar de chorar. Pasei toda a lectura e logo a tradución chorando". Jeiran pensa que Rivas transmite como poucos o que pasa dentro dunha persoa cando sente medo, a humillación do medo.

A tradución ao farsi destes relatos xa se atopa no prelo. A editorial Man Ketab poraos nas librarías de Irán a comezos de 2008. Antes, o vindeiro mes de novembro, Jeiran irá a España bolsada pola Agencia Española de Cooperación Internacional (AEICI). En Málaga e durante dous anos, realizará o doutoramento en tradución e interpretación de español. Agora, a súa aspiración é que Manuel Rivas escriba unhas palabras para o limiar da súa tradución ao farsi, e, por que non, coñecelo algún día. "Das moitas cousas que aprendín de Márquez, a principal é que non me pon medo soñar".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_