_
_
_
_
Reportaje:

A sombra do ario

O tema da guerra é un trauma de nacemento para a poesía galega

1936 é o número da besta. Escribiuno o ano pasado Méndez Ferrín en Contra Maquieiro, o libro máis innovador e afouto dos últimos anos. Para a poesía galega contemporánea 1936 é algo parecido a un trauma de nacemento. Haber, houbo literatura galega antes do 36. Porén, xa lle chamamos de preguerra. É difícil librarse da sombra do ario, e do ano da besta. Custa sacar de diante a subxectividade brutal perante a que se configurou a literatura galeguista, esa sombra do ario que pretendeu reducir á subalternidade a nosa literatura. Sexa como for, houbo esconxuros efectivos. Poño por caso Poesía enteira de Heriberto Bens, cun limiar que foi todo un programa de anovación para a lírica galega.

Houbo literatura fascista en galego: gabanzas de Franco ou versos antisemitas
Más información
Agustín Fernández Paz: "Poderemos esquecer cando coñezamos"

A historia editorial dese libro é retorta. De por parte, case poderiamos dicir que está escrito en hebreo. Para entende-la poesía enteira de Bens hai que ter en conta a sombra do ario e, por outra banda, a cuestión da identidade xudea que expuxo Sartre e que tanto nos pode valer para intepretar A gaita falare (editada en Bos Aires), O cancioneiro da loita galega (México) e algúns dos poemas de Ferrín (Montevideo e Xenebra). O da guerra na poesía galega é trauma de nacemento e, tamén, unha gaita.

Remata o ano da memoria, mais non está nas librerías o libro de poemas A gaita a falare, de 1939. Escribiuno Ramón Rei Baltar, médico que fundou con Castelao El barbero municipal para combater en Rianxo ó cacique Viturro. Rei Baltar foi presidente da Irmandade Galeguista de Bos Aires. Dispuxo que os réditos do libro se doasen en apoio da República. Cada exemplar valía un peso. Hoxe as editoras non dan un peso por el. Só compensa esta vergoña o libro Poemas pola memoria, escolma de Manuel Fernández, cun par de poemas do gran Rei Baltar. Outro libro memorable é o Cancioneirro da loita galega, publicación do Partido Galeguista feita en México, en 1943. O libro remata co poema final de A gaita a falare: Antes mortos que escravos, no que se concentran a referencia a un debuxo de Castelao e ás palabras da Internacional.

No Fardel de Eisiliado de Seoane hai un poema datado en outono1949, Dende o Highland Princess. Di, máis ou menos: "Dende o convés de terceira do Highland Princess vexo as túas costas, Galicia... Escoito as voces malditas dos teus carceleiros e as gargalladas asasinas dos teus verdugos". O mellor do poema é que Seoane concluía con firmeza: "Dorido, dende o convés deste barco, véxote debruzada ao mar. Mais un día voltarei, derrubado e á vez afirmado en multitude, como tódolos que, erráticos coma min, andan esparexidos polo mundo". Seoane voltou e hoxe ten casa -ou fundación- na Coruña.

Seoane vía Galicia "debruzada sobre o mar". Pouco despois, en Longa noite de pedra, Celso Emilio Ferreiro ve a Galicia igual "deitada fronte o mar", no verso final dun dos seus poemas máis célebres. Ata aquí algunhas sombras da guerra na poesía dun bando, o leal. Son parcial. Tamén houbo literatura fascista en galego. Amosouno Rodríguez Fer no imprescindible A literatura galega durante a guerra civil, lembrando os versos do cura Cabarcos: gabanzas de Franco, do fascismo, versos antisemitas. Unha gloria! Porén, a lingua da literatura fascista foi nomeadamente o castelán: leis fascistas, manuais de ensino fascistas e poemas de Pemán. O galego virou logo o que dixo Celso Emilio: lingua proletaria do meu pobo. O poema Cunetas de Luís Pimentel, publicouse en 1966 e hoxe pode relerse, con toda a serie terrorífica de Cunetas, na edición de Araceli Herrero. A sombra da guerra chega ata Álvarez Cáccamo, que evoca con sublime contención a figura do seu avó, o poeta e médico Darío Álvarez Limeses, a quen Ramón Cabanillas dedicara en 1952 o poema Cavilacións. Qué tempos! Beizón polo ano da memoria, que nos lembra que temos que ir Á busca do futuro perdido, como indica Andreas Huyssens. Nese futuro espero ver publicado o libro de Rei Baltar.

BIBLIOGRAFÍA

A gaita a falare. Ramón Rei Baltar. Bos Aires, 1939.

Obra poética. Luís Seoane. Edicións do Castro, 1977

Longa noite de pedra. Celso E. Ferreiro. Galaxia, 1962.

Obra poética e non recopilada. Luís Pimentel. Celta, 1986. Ed. de A. Herrero

Poesía enteira de Heriberto Bens. Xosé Luis Méndez Ferrín. Edicións Xerais, 1999.

Os cadernos da ira. X. M. A. Cáccamo. Espiral Maior, 1999.

Poemas pola memoria. Varios autores. Xunta de Galicia, 2006

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_