_
_
_
_

Agustín Fernández Paz: "Poderemos esquecer cando coñezamos"

"Eu escribo sobre a memoria, non sobre a Guerra Civil", reitera Agustín Fernández Paz, o autor máis premiado da literatura infantil e xuvenil galega. "Cando publiquei Corredores de sombra [unha das obras da súa Triloxía das sombras, xunto a Noite de voraces sombras e As sombras do faro], anoxoume moito ler que estaba a falar do pasado, cando os protagonistas da novela son de 2006".

"Eu río cando me din que debemos esquecer", di Fernández Paz, que comezou a interesarse polos temas relacionados coa Guerra Civil a mediados dos 90. "Foi entón cando descubrín que a Illa de San Simón foi un campo de concentración. E pouco despois empezaron os revisionistas como Pío Moa ou César Vidal. Cando eu facía o borrador da miña última novela aínda gobernaba o PP".

Se en Noite de voraces sombras se coloca a carón dos vencidos, en Corredores de sombra escribe desde a outra beira. "Trato de ver qué pasa pola cabeza dunha rapaza de trinta anos, un día que fan unha obra na casa dos seus pais e aparece un esquelete con dous tiros na testa".

Fernández Paz, membro fundador dos colectivos Avantar e Nova Escola Galega, con moitos traballos sobre a didáctica do ensino e os medios de comunicación nas aulas, é moi crítico coa transición na escola. "Todos os temas de Historia acababan no 36, e falamos de anos da democracia. Todas estas cuestións inflúen sobre os rapaces que están agora nos institutos. Ti pregúntalle aos rapaces se saben que aquí se roubaron nenos para darllos aos vencedores, ou que Camposancos e San Simón foron campos do horror. Só poderemos esquecer cando desenterremos todo. É dicir, cando coñezamos".

Fernández Paz desbota a visión da Guerra Civil como tema de tempada. "Se imos á raíz de moitos problemas, o normal é que apareza a Guerra Civil, pero este non é un produto de márketing fácil. Impónseche por dentro".

A novela máis vendida do autor vigués, Cartas de inverno, vai pola décimosexta edición en catalán.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_