Selecciona Edición
Conéctate
Selecciona Edición
Tamaño letra
REPORTAXE

Os editores dos primeiros e-books galegos falan do alcance da remuda

Xerais lanzou esta semana en formato electrónico o novo de Suso de Toro e Diego Ameixeiras, Sete palabras e Dime algo sucio, a semana que vén nas librarías. Os dous primeiros títulos que escolleu Galaxia na estrea electrónica son un clásico como A esmorgae A noite do moucho, a novela póstuma de Anxo Rei Ballesteros, que repetirán en papel. Os catro se poden baixar desde todoebook.com, a páxina de descarga de Publidisa, canda leer-e (de Planeta), a única distribuidora de e-books do Estado.

"Cambia o soporte, o circuíto comercial e as retribucións na cadea de valor da edición tradicional", resume o responsable de Xerais, Manuel Bragado. Non fala en concreto dos e-books, senón de cómo se adaptarán os editores de sempre á modificación "dunha cultura analóxica de cinco séculos".

Le a reportaxe completa mañá no suplemento Luces