_
_
_
_
Reportaje:Luces

"A memoria máis transparente do país está na Arxentina"

Diálogo na feira do libro de Buenos Aires entre as dúas beiras do Atlántico

A escritora galego-arxentina María Rosa Lojo e o novelista Xosé Carlos Caneiro atopáronse estes días na feira do libro de Buenos Aires. Os motivos, os eventos celebrados para conmemorar o Día de Galicia no certame da capital arxentina. EL PAIS aproveitou a oportunidade para xuntalos e propoñerlles un diálogo sobre a situación e perspectivas da literatura galega en ambas as dúas beiras do Atlántico. María Rosa Lojo (Buenos Aires, 1954) vén de publicar a novela Árbol de familia, na que a súa orixe galega ten un papel fundamental. O seu pai era un galego republicano que decidiu exiliarse logo da Guerra Civil. Lojo é unha escritora moi coñecida en Arxentina, onde obtivo numerosos premios. Colabora habitualmente en diversos xornais e en suplementos culturais da prensa arxentina. Xosé Carlos Caneiro (Verín, 1963) foi convidado pola Xunta para participar na feira, donde trazou a biografía dun dos seus autores de referencia, Jorge Luis Borges, en La rosa de Borges.

María Rosa Lojo: "A lingua bate no fondo aínda que non a falemos con fluidez"

Pregunta. Vostedes comparten a orixe galega pero escriben desde lugares moi distantes entre si. Pode falarse da existencia dunha literatura galega na Arxentina?

María Rosa Lojo. Aquí aínda non temos unha literatura en galego, pero o que temos e un grande interese polos autores galegos. Tamén existe un imaxinario de Galicia entre os emigrantes e os seus descendentes. Precisamente eu rescátoo e trátoo nos meus libros.

Xosé Carlos Caneiro. Aquí o que temos é un imaxinario colectivo de raíz galega e unha produción cultural galega que tamén ten que ser valorada fóra da Arxentina. Sería desexable que houbese unha literatura escrita en galego. Para min a literatura galega é a que está escrita nesa lingua, pero os autores galegos de Arxentina forman parte da cultura galega. De feito, ás veces os libros que se escriben aquí reflicten unha idea de Galicia máis clara que a que temos os propios galegos.

M.R.L. E certo, aquí temos máis memoria dalgunhas cousas que en Galicia. Hai que ter en conta o tipo de persoas que chegaron aquí. Por un lado estaban os que procuraban outro mundo e tamén os perdedores da Guerra Civil ou os que fuxían da fame. Todos eles tiñan un sentimento moi forte de pertenza á terra e transmitírono aos seus descendentes. Agora estes comezan a escribir libros e, por exemplo, eu atopo agora moitos lectores que leron a miña novela e danme as grazas por devolverlles a memoria familiar. Tamén hai unha memoria da lingua que nos bate no fondo aínda que non a falemos con fluidez. Na Arxentina temos escritores que viñeron de outros países e convertéronse en autores daquí coma é o caso de Guillermo Enrique Hudson ou de Witold Gombrowicz.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

X.C.C. En Galicia sempre estamos a falar de que falta por escribir a gran novela da emigración e eu estou seguro de que esa novela se escribirá fóra de Galicia. A memoria da emigración vai cara ao factor esencial galego, que é o identitario. A memoria máis transparente de Galicia está aquí. Eles teñen ese imaxinario impregnado e nós non.

Pregunta. Curiosamente no tempo de Internet parece que os emigrantes en América e os galegos da banda de alá viven máis de costas que cando non existían tantos medios de comunicación. Por que consideran que acontece iso?

M.R.L. O que pasa é que deixaron de vir emigrantes e tampouco veñen editores a crear editoriais como si acontecía antes. Os que viñeron, chegaron hai moitos anos e foron morrendo. Agora o que queda é a memoria e a vontade cultural de conservala.

X.C.C. A Administración debe ter un papel pioneiro nesta nova situación. Os libros galegos teñen que circular na Galicia de Arxentina e o mesmo pasa cos artistas galegos. Ten que existir vida de Galicia na Galicia austral. É necesaria a iniciativa privada, pero ao mesmo tempo tamén é preciso un motor propulsor que só pode vir dende o sector público.

Pregunta. Quizais alguén debería preocuparse de promover o galego entre a colectividade galega de Arxentina?

X.C.C. Pódense facer cousas. Nestes días puíden ver aos lectores de galego do café Tortoni lendo os libros en fotocopias. Iso paréceme lamentable. A Administración podería encargarse de que os libros en galego cheguen aquí. Sería un soño posible e desexable que se volvesen editar libros galegos na Arxentina.

M.R.L. Os libros que chegan son poucos e moi caros.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_