_
_
_
_
_
Luces

"Século XX que quere ser XIX"

Na súa História da literatura galega contemporánea (1963) non hai referencias a Pimentel, pero si en Libros e autores galegos: dos trovadores a Valle Inclán (1970). En parte, o libro de Araceli Herrero Figueroa responde á insistencia do académico ferrolán Ricardo Carvalho Calero, responsable de catro pequenos monográficos sobre Pimentel, desde Originales inéditos en castellano de poemas de Luis Pimentel publicados en gallego ata Sobre la poesía de Luís Pimentel.

É neste último onde o autor de Xente da Barreira (1950), que abre a narrativa en galego despois da guerra, fala máis persoalmente do poeta de Lugo, "popular dentro dun círculo escollido, se vale o paradoxo". Antes do reintegracionismo, pouco despois da morte do poeta, Carvalho recrea co seu estilo característico os primeiros equívocos a respecto da obra de Pimentel, a quen se lle adoitaba atribuír o apócrifo Cunetas. "Unha cousa é que Pimentel derramase o seu lirismo sobre os mortos que a violencia dos homes en guerra foi deixando nas cunetas da historia, e outra consideralo alistado na literatura comprometida [...] A súa vida e a súa obra foron as dun intimista, atento con nerviosa ansiedade aos latexos do seu propio corazón, pechado no seu marfileño acubillo e cultivando as máis exquisitas flores da espiritualidade esteticista". Á parte de Rosalía, Jules Laforgue é o único poeta que constitúe tema directo -en pezas como Pantomima ou Domingo- na poesía de Pimentel. O irónico simbolista franco-charrúa é, con Francis Jammes, o seu poeta preferido. Quizais recollan o fío nas Poesías completas (Comares, 1991) de Pimentel en castelán. Segundo resume Luís Rei no prólogo, trátase "dun século XX que quere ser XIX, e ao revés".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_