A revista de cultura 'O ollo público' chega ao número 26
"Queremos fuxir da cultura como algo elitista, pero sen baixar en ningún momento o nivel". Neste axioma fúndase a aventura d'O ollo público, unha revista cultural que agora fai 26 números e 9 anos de vida en quioscos e bibliotecas. Para o seu director e coordinador, Fernando Vilaboa, o obxectivo reside en "abrir un espazo para a xente que facía cousas moi interesantes no campo das artes". No último exemplar distribuído, entra a poesía de Edgar Allan Poe, un ensaio de Javier Sádaba ou unha recensión de Óscar Suárez, Martin Pawley, sobre o filme máis recente de Mickey Rourke.
"Aínda nos doen casos como os de Van Gogh ou Modigliani", non dubida en argumentar ao grande Vilaboa, "que viviron na miseria e só foron recoñecidos logo da súa morte". Pero o proxecto O ollo público afástase da exclusividade ou da pescuda académica: unha publicación de aspiración popular e tiraxe achegada aos dous milleiros, con presenza en estabelecementos de prensa e papel satinado.
Vilaboa, varrendeiro de profesión -"trátase dunha anécdota, pero eu gaño, en precario, a vida varrendo as rúas de Vigo"-, dirixe a súa gratitude, sobre todo, aos colaboradores. "Na redacción só estamos Paz Orois e máis eu", explícase. Tradutores, pintores ou fotógrafos contribúen a completar os contidos dunha revista que, na altura, xa botou versións galegas de Blaise Cendrars, Bertolt Brecht, Eugenio Montale ou Rilke. "Queremos contribuír, aínda de xeito modesto, a crear hábito lector e o seu equivalente en todas as artes", afirma.
O ollo público, en palabras do seu impulsor, pretende "romper coa idea de que a cultura galega debe ser unha cultura militante". Para traballar nesa dirección, o número 27 incluirá as imaxes do fotógrafo monfortino Ramón Casanova ou Rimbaud en tradución de Iria Sobreino.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.