Economía e literatura sucia
- "ANDA DE AÍ, GAITEIRO!", "gaiteirada", son voces cargadas de menosprezo tan vivas na nosa xente. O músico popular chegou a nós desprestixiado, como o mundo do que sae, o mundo do pobo.
- AFOUTEZA: O Xurxo Souto recuperou para todos a voz "gaiteiro" como saúdo orgulloso a alguén que ten mérito. Tamén vexo convocada nun cartaz unha "gaiteirada" reivindicativa para lembrar aos tres veciños do Eixo presos. Hai unha nova xerazón que é gaiteira, non ten complexos e é afouta. Ben, moi ben.
- AMY WINEHOUSE canta tan ben, mais é tan brava que se destrúe. Leva no apelido, "casa do viño", esa chamada á bebedela. Amy, bebe con sentido. Ou é perder o sentido o que procuras?
- A ECONOMÍA ÉLLES LITERATURA. Unha das leccións desta crise é que a economía non era ciencia empírica. Realmente pertence ao campo das humanidades e ten a ver coa historia, a antropoloxía, os mitos, a astroloxía... É literatura ilustrada con números, ciencia ficción.
- ECONOMISTAS, son vostedes poetas (non está mal).
- SE NON TIVESE GAÑADO OBAMA... Se os norteamericanos optasen por reivindicar a súa política destes anos pasados sería sumirense eles na vergoña, sería tamén unha onda de desesperanza polo mundo (aínda que non gostemos de dicilo; nós, os europeos, os listos. Tan autosuficientes).
- E, DESAPARECIDO O MARXISMO NA HISTORIA, volta o Marx. Estivo aí todo o tempo, a analizar a economía e a sociedade con esa ollada libre. Agora reaparece, libre xa dese momento seu no que quixo ser o profeta Xeremías e fracasou.
- EGOÍSMO CONTRA COBIZA. A cobiza dos especuladores financieiros, protexida pola dereita, provocou esta doenza na que a economía quere autodestruírse. Só nos pode salvar o egoísmo de quen quere defender o que ten, o traballo, a dignidade, a vida, o planeta. Só o noso egoísmo nos pode salvar dos cobizosos. A cobiza é homicida e suicida, o egoísmo é apostar por existir. Se o egoísmo é solidario pódenos salvar.
- PRIMEIRO ERA O AUGARDENTE, logo veu o coñá, logo o whisky, agora anda a xente no ron...Todo por non beber no viño.
- "REALISMO SUCIO" foi a etiqueta que lle apuxeron a un momento da narrativa norteamericana. Tiñan eses críticos que ver un programa de sobremesa nas televisións!
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.