_
_
_
_
Reportaje:Luces

"O oficio de Anxo era a vida"

Morre aos 56 anos Rei Ballesteros, o autor que enxergou a nova novela galega

"El pertenceu a unha xeración de acción. Outra xente pasa máis tempo labrando unha posición que escribindo, pero para Anxo escribir era o primeiro. Aínda que o seu verdadeiro oficio foi a vida". É o primeiro que enfía Marcelino de Santiago, Kukas, cando se lle comunica a nova do pasamento, o mércores pola tarde, do seu amigo Anxo Rei Ballesteros (Boqueixón, 1952-O Barqueiro, Ortigueira, 2008). O escritor será enterrado hoxe, ás 13 horas, no cemiterio do Barqueiro, en Ortigueira.

Anxo Rei deixa tres novelas (Dos anxos e dos mortos, Loaira e Non sei cando nos veremos, publicadas respectivamente en 1977, 1992 e 2005), dúas pezas teatrais (Xogos de damas e unha versión inédita d'A voz humana, de Cocteau), os seis relatos d'A sombra dos teus soños (1988), varios ensaios, entre eles Tempo e vinganza, premiado co Ramón Piñeiro de 2002, e a tradución do Molloy de Beckett, aínda en 2006. Por entre as voces do gremio, obra mediante, Rei Ballesteros pode ser o escritor máis dotado da súa época. Outros, porén, falan dun talento derramado. Un autor difícil de sistematizar, no persoal e no literario.

"Foi un pensador que superou a idea de novela como artefacto narrativo"

No batoallo de siglas dos 70, o máis preto que estivo Rei Ballesteros dunha militancia política regrada foi o Fato de Oniristas Galegos (FOGA), que integraban, a finais dos 70, artistas coma Vidal Bolaño, Manolo Castelao ou o propio Kukas, reunidos decote no pub santiagués Modus Vivendi. En primeiro grao, foi lexionario. Marchou ao Sahara sendo xa licenciado en Dereito e cadroulle a Marcha Verde. Alí gañou os únicos casos que defendeu como avogado: un desertor que quería ver á moza e un soldado que mallou nun oficial. "A lexión tivemos que aturarlla bastante", bromea Kukas, que remarca o espírito "libertario" de Rei Ballesteros, lexía en África por puro simbolismo. "Para Anxo, arte e vida eran o mesmo", resume. E emociónase: "Moitos prosperaron na Transición, pero outros continuaron nas barricadas. Ese era o sentimento que tiñamos nós daquela. Anxo foi un compañeiro caralludo, e está latexando agora mesmo tanto coma antes".

"Permitiuse o luxo de ser el, ese é o asunto", sintetiza Suso de Toro na súa lectura literaria. "Vivir coma un artista, isto é, coma un salvaxe". A súa creación, neste sentido, "non era tanto o texto como vivir coma un escritor". O mesmo se comportaba falando con escritores que nunha taberna do pobo onde viviu, na Pobra do Caramiñal. "Para os demais, en certa medida, podía resultar un espectáculo, pero Anxo era así sempre. Vivía facendo monólogos metaliterarios". Para o autor de Polaroid, na radicalidade de Rei Ballesteros ecoa a de Malcolm Lowry. "Ese rebentar a linguaxe literaria... O aspecto xeracional de Dos anxos..., con esa idea de novelar un tempo, dicíase moito, pero a min o que me interesa é que crea na nosa lingua un texto enormemente libre".

Literariamente, Dos anxos e dos mortos, primeira novela galega tras o franquismo, foi presa dos epíctetos da época. Encantou a posta en escena, naturalizando as innovacións da nova narrativa - "foi a resurrección da nova narrativa", di Méndez Ferrín- e confundiu a súa exploración do presente político. Despois, unha continuación como Loaira, arrimada ao sentido de experimentación dun Henry Miller e situada nunha ditadura imaxinaria dos 70, conseguiu o fervor do crítico Xoán González Millán e o carné de imposible no circuíto escolar homologado. Ao autor prestoulle o recoñecemento, pero nunca se preocupou por demais de obter visibilidade, sequera para gañar a vida. Tíñase por "discípulo de Bataille canto ao exceso".

Carlos Lema, director editorial de Galaxia, fala de intelixencia en acción e do amor de Rei Ballesteros por Nietzsche ou Heidegger. "Tempo e vinganza, inspirado en Hamlet, é un ensaio sobre o tempo e a perda do sentido de comunidade. Falamos dun gran pensador, dos primeiros que superou a idea de novela como simple artefacto narrativo". O tempo, a violencia, a morte e o erotismo son os seus temas. A particularidade é que adoitaba debullalos no escenario en construción dos 70, entre os recordos e a fantasía. Como remarcaba nunha das súas últimas entrevistas (A Nosa Terra, 2005), "vivín ese tempo". "Daquela fenda proceden moitas cousas que nos pasan".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_