Nova xeira do 'feito en Galicia'
Empresas e creadores procuran o éxito apostando polo deseño industrial
Hai poucos anos a única mostra do deseño que se facía en Galicia que un podía atopar polo mundo era unha vaixela ou algunha figuriña feita por Sargadelos. O fenómeno da globalización cambiou moito as cousas e especialmente o crecemento exponencial de Zara fixo que o nome de Galicia comezase a asociarse ao deseño en moitas partes do mundo. Quizáis este éxito fixo que empresas de distintos sectores atopasen a posibilidade de expandir a súa imaxe e dar a coñecer a súa produción a través dun deseño máis atractivo.
Nos últimos tempos un feixe de compañías que fabrican cousas tan diversas coma mobles, dispositivos electrónicos ou vestidos viron a oportunidade de gañar terreo á competencia e de ter máis presenza nos mercados internacionais a través dun mellor deseño nos seus produtos. Algunhas delas recorren a estranxeiros pero tamén os creadores que saen das escolasde Pontevedra e Ferrol atopan oportunidades de traballo que antes non existían. Ademais, nos últimos anos están a xurdir algúns estudos de deseño creados polos novos titulados que cada vez atopan maís oportunidades para poder traballar para empresas e institucións galegas.
"Unha marca é un espello e construímos a imaxe da empresa a través do deseño"
"Temos unha escola en Pontevedra que está ao nivel das que hai nas cidades europeas"
"Hai quen decide ser deseñador porque lles soa ben o título"
Hai máis axudas para proxectos relacionados co deseño
Un dos sectores no que o deseño xoga un papel esencial é o do moble. Galicia segue sendo a comunidade que produce máis madeira de España pero pérdese moito diñeiro pola escaseza de empresas adicadas ao moble de calidade co deseño coma bandeira. Unha delas é Martínez Otero, unha compañía familiar que naceu na Estrada nos anos 40 e que agora está presente en diversas partes do mundo e conta cunha línea de mobiliario (MO) que fai especial fincapé no deseño. Entre os clientes cos que conta a empresa estradense inclúese Zara que lle encarga a decoración das súas tendas en diversos países do mundo. A pegada de Martínez Otero tamén pode verse en distintas cadeas hoteleiras internacionais.
Nuria Carballo, responsable do departamento de Arte de Martínez Otero, explica que a empresa traballa tanto con deseñadores estranxeiros coma nacionais, entre os que se atopa o galego José Valladares. A fórmula consiste en realizar encargos a estes creadores pero cunhas directrices moi craras para que o seu traballo non se alonxe das líñas polas que quere ser recoñecida a empresa. "Unha marca é un espello e tratamos de construir unha imaxe da empresa a través do deseño dos mobles. Ás veces limítanse a contratar a un deseñador famoso pode ser una trampa porque pode chegar a vampirizar a imaxe dunha marca", sinala Carballo. Na súa opinión, o principal traballo no mundo do deseño en Galicia estanno a facer as empresas pequenas cun "grande esforzo".
A aposta desta empresa pola deseño ten a súa prolongación na Fundación María Martínez Otero, creada hai catro anos e que realiza un importante labor no campo da formación dos novos deseñadores galegos. Grazas as actividades da fundación pasaron por Galicia grandes figuras do deseño internacional que dirixiron obradoiros e ofreceron conferencias. Ademáis, cada ano a fundación concede a beca Suso Durán que permite a un estudante galego realizar un curso académico completo na recoñecida e prestixiosa Escola de Deseño de Milán.
Aínda que se trata dun sector moi distinto, a empresa compostelá de compoñentes electrónicos Blue Sens aplica unha estratexia similar á de Martínez Otero no que se refire aos deseños dos aparatos que fabrica. Segundo explica Miguel Churruca, director de Marketing da firma, os deseños exteriores dos mp3, navegadores e doutros dispositivos faise dacordo ás instruccións que se facilitan dende Santiago ao equipo de deseño co que Blu Sens conta en China, onde se fabrican todos os seus produtos.
A empresa que naceu pola iniciativa de catro amigos rexistra un gran crecemento ano a ano e o atractivo deseño dos aparellos que fabrica é un dos factores que explica que cun tamaño moi pequeno poida competir con xigantes do sector. "Un dos principais obxectivos que temos agora na empresa e seguir traballando para potenciar o deseño dos nosos produtos", sinala Churruca.
A aposta polo risco e a orixinalidade é o que caracteriza ao traballo da deseñadora rianxeira Charo Froján, que xunto a Alfredo Olmedo dirixe a empresa D-due, que distribúe coleccións de moda en diversas tendas de toda España e en lugares coma Roma ou Hong Kong. Para Froján unha das claves do pulo do deseño en Galicia nos últimos tempos explícase pola imposibilidade de competir con outros países en custes, o que obriga a facelo a través da creatividade e a calidade dos produtos. "No que se refire á moda agora contamos cunha escola en Pontevedra que está ao nivel das que existen nas grandes cidades europeas. Para mín é moi gratificante poder dar clase alí porque a moda está sempre na rúa e os que traballamos neste mundo nunca podemos esquecernos dela", explica Froján.
O desexo de traballar fóra dos circuitos das grandes empresas publicitarias foi o que levou a Xosé Teiga a crear xunto a outro socio o estudio creativo Unlimited na Coruña, que está especializado na estratexia de marca e na construción da identidade corporativa. Entre os seus últimos traballos se atopa a creación da imaxe do pavillón galego na Exposición Universal que se celebrará este ano en Zaragoza.
"Nos últimos tres anos as cousas cambiaron en Galicia e dende as nosas institucións hai agora unha aposta pola modernidade e a innovación que repercutiu nas empresas xa que agora receben axudas para innovar e iso repercute tamén na súa imaxe", apunta Teiga, que obtivo diversos premios e mencións (Laus, Select, Made in Spain, Letra, Anuaria) polo seu traballo.
Teiga considera que en Galicia existen agora os centros educativos axeitados para que os aspirantes a deseñadores poidan formarse. "Hai xente que ten vocación para ser deseñador pero tamén os hai que deciden estudar porque lles soa ben o título. Ás veces se critica o sistema educativo existente en Galicia inxustamente porque a creatividade hai que tela de por si, aínda que logo se pode ensinar como plasmar esa creatividade. Cada un debe acabar procurando o seu camiño", sinala.
A Escola de Deseño Industrial de Ferrol está a producir titulados coma Manel del Río, un dos integrantes do estudio compostelano cenlitrosmetrocadrado, no que se traballa tanto en deseño gráfico, coma de espazos e de diversos produtos. A versatilidade e orixinalidade son as dúas características que destacan entre os creadores dun estudio ao que lle gosta realizar traballo nos que se misturen distintas disciplinas. Del Río destaca que non hai demasiados problemas para contar con axudas públicas para facer un traballo no campo do deseño gráfico pero xorden dificultades cando se trata de desenvolver un produto. "Hace falta máis flexibilidade e saber se a empresa que ten o proxecto vai obter axudas para fabricar un produto innovador", apunta Del Río.
Polo que se ve, Galicia conta con centros educativos suficentes para que os que o desexen podan obter coñecementos para iniciar a súa traxectoria no deseño. Nas empresas o panorama tamén está a mudar e as máis pequenas están descubrindo a importancia de dar un valor engadido aos seus produtos a través do deseño. Por parte do sector público cada vez hai máis axudas para proxectos relacionados co deseño.
O panorama semella alentador pero non hai que descoidarse porque algúns países europeos levan anos de avantaxe e non están dispostos a ceder fácilmente. De tódolos xeitos, apostas coma o de Zara amosan que dende un curruncho de Europa tamén é posible conquistar mercados e xerar riqueza cunha aposta polo deseño. Algo se está a cocer porque segue habendo emprendedores dispostos a loitar contra vento e marea para demostrar que unha boa idea ben presentada aínda pode servir para conquistar o mundo.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.