_
_
_
_
BOTELLA AO MAR | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Untados, abrasados e mariñeiros

"A NOSA VOZ", case por descoido entrei no espazo que crearon en San Domingos de Bonaval ao redor do noso himno. Estaba alí toda a suxerencia e a imaxinación que hai nesa nación refundada polos románticos.

O PODER DA LITERATURA E DA ARTE: fíxomo recordar. O seu poder para crear imaxinería, ideoloxía, emocións... Identidade.

"UNTADOS": non é raro ese odio aos artistas. O insulto e a difamación tamén son literatura, neste caso usar a palabra e un argumento fabulado para liquidar a alguén (E doe, é certo que doe. Mais..., hai que seguir mentres se poida e se ande por aquí).

UNHA COUSA É A DEREITA, outra cousa son os malvados.

UNHA CANCIÓN salva a un artista (Darko: Mad world). Basta unha cancionciña (toda canción é pop, o lieder é o nacemento do pop, moderno e xuvenil).

HAI ARTISTAS que teñen que ofrecer ao mundo quilos de papel ou quilómetros de filme, litros de pintura, toneladas de pedra ou bronce..., a outros abóndalle con sacar de si un día unha canción, un verso, un título mesmo (Don de la ebriedad).

OS ANXOS ABRASAN, iso si, o artista que un día tivo unha epifanía clara, a visita da gracia, da inspiración, e nos dá esa flor, o poema pleno, a tonada inspirada, pasan logo o resto da vida degoxados. Agardando ansiosos como yonkis que volva o anxo que un día os visitou. Famentos dunha nova visita fuxidía. Non comprenden, non aceptan que as epifanías son únicas. E terribeis.

'CHILL OUT' GALEGO, por certo que un tamén agradece ás veces a arte do común, mesmo a banalidade. A vida é unha polifonía de momentos diversos, é tonal e tamén atonal. E cando é así pregúntase se seremos quen a ofrecérmonos a nós e ofrecer ao mundo algo así como un chill out galego, un fondo amábel, co inevitábel punto cursi.

OU SÓ VALEMOS PARA o cáustico, fáustico, tráxico, grotesco, burlón? Carecemos das demais notas?

MOL: pisar a follame na carballeira, o manto que amortece o paso e envolve o pé. É un luxo só asequíbel a quen queira. Case luxuria do sentido.

FRENTE MARINO: hai unha frente aí diante onde aínda perecen os homes na loita. Ser mariñeiro segue a ser vivir como guerreiro, probándose, desafiando. Admiración e pasmo. Loito polos que pereceron, agradecemento aos que están aí a bordo, a facer mareas.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_