_
_
_
_
Reportaje:Luces

Un avogado de Ourense gaña o Torrente Ballester

O xurado recoñece a "audacia vangardista" de Xosé Manuel Pacho

Unha literatura "vangardista", escrita nun "galego cosmopolita". Foi o que levou a novela inédita dun xove avogado ourensán e profesor de Dereito Xosé Manuel Pacho Blanco a destacar entre os 300 orixinais procedentes de 18 países que concursaban para uno dos certames de narrativa de maior referencia no Estado, o de Gonzalo Torrente Ballester que convoca cada ano a Deputación Provincuial de A Coruña

Houbo absoluta unanimidade entre o xurado para conceder este galardón, anunciado onte e dotado de 25.000 euros, á obra A choiva do mundo. E o entusiasmo predominou nos eloxios que lle adicaron: "É unha aposta literaria de vangarda na construcción dun texto extraordinariamente rico na súa forma de mosaico e que se sitúa na superación dos xéneros literarios", reza a acta do xurado.

Ata o momento, Pacho só publicara ensaios sobre política e dereito
No libro hai relatos, anacos de novela, artigos, críticas e mesmo un guión

A Pacho (Ourense, 1974), a nova colleuelle de sorpresa, de camiño á facultade onde dá clases de Dereito Constitucional. "Nin mo esperaba, nin me gustan os cenáculos literarios, nin sequera sabía que se fallaba hoxe [por onte] o premio". É a súa primeira incursión na literatura, aínda que escribe moito pero xamais, ata de agora, con ánimo de publicar ou presentarse a un certame. Admite que decidiu enviar o seu escrito por ser o Torrente Ballester "un referente" no panorama de premios de literatura.

Pero este avogado que só publicou ata este momento ensaios sobre política e dereito pásmase ao saber que o seu relato destacou entre 300 obras, das que só 23 eran escritas en galego. E deu na diana porque a súa pretensión era precisamente ser vangardista cunha prosa que tenta "crear novas linguaxes de creación cun novo concepto de novela".

Xosé Manuel Pacho parte do principio de que nada mudou realmente desde que William Faulkner inventou a principios do século XX o arquetipo da novela contemporánea. Por iso este escritor ourensán tratou de "retorcer a idea dunha novela" para achegarse a varios xeneros. N' A choiva do mundo, título que fai referencia ás historias da realidade que ocorre todos os días, a todas horas, Pacho mestura relatos curtos, anacos de novela, prosa poética, artigos xornalísticos, críticas literarias e mesmo o guión dunha curtametraxe.

Incluso destaca que lle puxo "banda sonora" ao relato, que remata con títulos de crédito como calquera película. E se variados son os xéneros literarios que utiliza este escritor novel, tamén o son os escenarios (cidades dos cinco continentes), as temáticas (amor, desamor, morte e tolemia) e os personaxes que aparecen na súa obra.

Unha variedade e disparidade que fai que esta novela "de temática galega pero levada ao mundo", segundo o portavoz do xurado, Ángel Basanta, sexa tan "cosmopolita e de audacia vangardista". "Supón unha aposta literaria extraordinaria", engadiu. "Dáme un vertixe tremendo", afirma o autor ao escoitar o veredicto do xurado. E de momento, entregado a avogacía, non ten máis plans no mundo literario que seguir a escribir poesía nos seus ratos libres e traducir ao galego a poesía de Whitman. "Vou amodo, porque tempo tampouco teño", manifesta.

Xosé Manuel Pacho Blanco, que cumprirá 33 anos dentro dun mes, compaxina o seu despacho de avogado en Ourense, "o sitio máis lonxe do mundo" coas clases de Dereito Constitucional, estudios de Ciencias Políticas pola Universidade Nacional a Distancia e o gabinete de comunicación da Fundación Vicente Risco.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_