_
_
_
_
LUCES

O imaxinario literario centra os debates dos autores de Galeusca

A primeira das mesas redondas da edición número 24 do encontro Galeusca xira, esta mañá na sala de conferencias de Caixa Galicia en Mondoñedo, arredor das "fontes do imaxinario nas literaturas eúscara, catalá e galega". O valenciano Alfons Llorenç, a vasca Iratxe Retolaza e o galego Xosé Miranda, coordinados por Antonio Reigosa, falan da procedencia dos mitos e das raíces coas que se constrúe a literatura.

"O imaxinario é unha das partes fundamentais da cultura, máis feble na literatura", sinala Llorenç, "porque vén da oralidade". O escritor valenciano fala da "responsabilidade do urbano no trance de desaparición que, malia a formar e conformar o ser humano, atravesa o imaxinario". Alfons Llorenç utilizará "a peza de teatro máis antiga de Europa, O misterio de Elxe", para comprobar como os mitos clásicos "se salvaron a través do cristianismo" e seguen a facer parte "dos fundamentos das sociedades occidentais da actualidade".

Esta tarde serán a catalá Caterina Valriu, o navarro Joxemiel Bidador e o galego Darío Xohán Cabana os que reflexionen sobre "os clásicos do imaxinario" nas súas respectivas literaturas. Xabier Gantzrain, Francesc Serés e Chus Nogueira debatirán, no escenario da Casa da Xuventude de Mondoñedo o sábado pola mañá, arredor "do imaxinario na literatura actual".

Unha lectura de textos reunirá, ás catro e media da tarde do sábado, a nove autores so o mantemento de Xosé Henrique Rivadulla Corcón. A galega Marica Campo, que lerá un texto de creación "en relación ao tema do encontro", refírese "á posibilidade de intercambiar puntos de vista e de contrastar opinións" que leva canda si o Galeusca. "Ao se tratar de literaturas en linguas minorizadas, estes encontros son máis necesario que noutros sistemas que non están postos en cuestión", di.

Para Alfons Llorenç. "Galeusca pon en contacto tres literaturas e rompe a tentación ou la condena ao localismo". "O feito nacional non rifa co internacionalismo, senón ao revés", conclúe.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_