_
_
_
_
Reportaje:MUSEOS NA RÚA | LUCES

Catálogo de arquitecturas

Unha mostra do CGAC repasa os proxectos feitos en Galicia desde os 80

Despois de 25 anos nos que o panorama arquitectónico galego mudou bastante pola aparición de edificios innovadores, moitos deles coa firma de figuras consagradas na arquitectura universal, chegou o momento de realizar un inventario sobre os numerosos proxectos que se abordaron nestes anos, algúns deles aínda se atopan en plena construcción e outros nin sequera chegaron a realizarse. A intención dos tres comisarios da mostra Avance dunha continxencia. Arquitectura contemporánea en Galicia é ofrecer ao público unha visión exhaustiva sobre o que se fixo nestes anos para que cada un poida sacar as súas conclusións.

David Chipperfield, Peter Eisenman, Norman Foster, Nicholas Grimshaw, Jean Nouvel, Aldo Rossi ou Alvaro Siza son algunhas das grandes figuras internacionais que contan con proxectos dentro desta mostra na que tamén se atopan maquetas de traballos de arquitectos españois e galegos coma Creus e Carrasco, Carlos Ferrater, Manuel Gallego Jorreto, Mansilla e Tuñón ou César Portela.

"Hai máis desastres constructivos que arquitectónicos. Ten que existir un proxecto"

Rafael Lens, un dos comisarios da mostra, explica que a presentación inicial consistía en facer unha revisión histórica pero, ao mesmo tempo, afondar nas relacións entre os arquitectos e a sociedade. A exposición artículase en cinco liñas moi distintas entre sí pero tamén complementarias. A primeira refírese aos usos dos edificios, a segunda á autoría dos mesmos, a terceira ao territorio, a cuarta á identidade e a quinta apela á compoñente emocional dos edificios.

"Durante a selección dos proxectos incluídos na exposición levámonos algunhas sorpresas coa gran calidade dalgunha das obras que ás veces non son suficientemente valoradas. Na miña opinión os arquitectos galegos teñen un gran futuro por diante", explica Lens, que tamén sinala que o coñecemento do territorio no que se opera pode ser un bo punto de partida para acometer un proxecto arquitectónico, aínda que iso non significa que "moitos dos edificios deseñados por arquitectos estranxeiros non cumpran as espectativas coas que se encargaron".

No percorrido pola exposición, o público poderá acercarse aos proxectos que foron deseñados para converterse en iconas, coma a sede da fundación Caixa Galicia en A Coruña, realizado por Nicholas Grinshaw, ou o controvertido proxecto da Cidade da Cultura de Peter Eisenman, pero tamén terá a oportunidade de ver maquetas de edificios menos atractivos coma estacións de autobuses ou centros sanitarios.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Segundo Lens, Galicia entrou "para ben ou para mal" no circuíto de territorios nos que se convertiu en imprescindible contar coa presenza de grandes figuras da arquitectura que asinan proxectos para a comunidade autónoma. "Seguramente neste feito haxa unha parte boa que sexa o intercambio de ideas con profesionais que veñen de fóra, mentres que o lado negativo pode ser que ás veces se teña máis en conta o nome que o bo facer dun arquitecto no momento de adxudicar un proxecto", sinala o comisario. Lens apunta que algúns dos proxectos escollidos son polémicos pola súa ubicación pero estima que en Galicia hai máis desastres construtivos que arquitectónicos xa que "o importante é que exista un proxecto porque as maiores desfeitas ocorren case sempre cando un proxecto non ten arquitectura".

Sen dúbida algunha o proxecto máis controvertido de todos os que se poden ver na exposición é a Cidade da Cultura. A maqueta do complexo deseñado por Peter Eisenman pode verse no espazo que ocupa habitualmente o auditorio do CGAC. Lens considera que os edificios do monte Gaiás de Santiago acabarán por converterse nunha icona "española e europea" porque "a día de hoxe xa é un referente".

A exposición desborda os límites do CGAC e esténdese tamén ao espazo Zona C -ubicado preto deste centro- e as salas do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) na Praza da Quintana. O primeiro destes espazos acolle proxectos que están realizándose na actualidade entre os que se atopan un ascensor panorámico que se construirá en Ribadeo, a intervención na Finca do Espiño de Santiago proxectada por Jean Nouvel e o centro de Alzheimer de Amparo Casares e Pascuela Campos para A Coruña.

A parte final da exposición, que se presenta no COAG, recolle aqueles proxectos que viron a luz no seu día pero finalmente non foron realizados, nin está previsto que se fagan a medio prazo. Entre eles atópanse o Centro de Telecomunicacións para o monte Pedroso de Santiago, proxectado por Norman Foster, o acuario de Piñón e Viaplana para a mesma cidade ou o novo estadio de Riazor de Eisenman para A Coruña. Este conxunto de proxectos non-natos pecha o círculo dunha mostra que só pretende reabrir o debate sobre os camiños polos que transitou ata o de agora a arquitectura en Galicia e cales foron os erros cometidos para evitalos no futuro.Entre a memoria, a danza e o teatro musical, as máis de 20 compañías de todo o mundo que durmirán este ano en Ribadavia confirman a boa saúde da mostra onde se oficializou, en 1973, o nacemento do teatro profesional galego. García destaca tamén outra das imaxes de modernidade teatral centroeuropea na MIT deste ano: o teatro para bebés. Un ano máis, compañías andaluzas e castelás enfouzarán as caretas necesarias na praza ao pé do Castelo. Cos pais "encantados", como destaca García, calla máis fácil aquela afirmación de Carmen Bravo, a historiadora da literatura infantil e xuvenil que traducía a Goethe: un país sen teatro infantil é unha catástrofe.

Máis cara a adiante, entre o 30 de xullo e o 5 de agosto, dará comezo en Santiago a oitava edición do Festival Internacional de Clown de Galiza. A falta de coñecer a programación, a acollida que está tendo o menú de formación integral do Festiclown, en cuxa escola xa se formaron máis de 1.000 futuros pallasos, agoira cousas boas. Entre os profesores que impartirán materia nesas datas estarán en Compostela Leo Bassi, co curso En busca da túa identidade cómica, os italianos Claudia Contín e Federico Ferrucci (movemento teatral), o inglés Fraser Hooper, un dos mellores mestres de clown, o mago Andreu (un dos pioneiros a nivel estatal), pedagogos como Jesús Jara ou Pepa Plana, os argentinos Chacovachi (malabares), Néstor Muzo e Marcelo González ou o director de teatro chileno Andrés del Bosque (Bufón sagrado). Por parte galega, Avelino González ensinará a arte dos zancos nun curso que inclúe prácticas nas rúas de Santiago, dentro da programación do festival.

O esvaramento por entre os diferentes graos da comedia de autor, mimodrama incluído, segue só un pouco despois na Coruña. Do 9 ao 12 de agosto, o cuarto Festival Manicómicos repasará a festa que constitúe o teatro de rúa, a primeira manifestación de arte urbana, xa falemos de teatro cómico, xestual, cabaré ou novo circo. Coordinado por Carlos Sante, o Manicómicos deste ano conta coa presenza de Circanelo, Almacabara, Cabaret Manicómicos, Capuzzi, Shampoo, Artmonium, Ruso Negro, Pista Catro e doutros artistas "de nivel internacional" cos que aínda se está negociando. O circo ambulante de Pista Catro (que só este mes levarán pasarrúas e cabaré a Muros, O Carballiño, As Pontes e Triacastela) será un dos protagonistas, a mediados de agosto, do festival compostelán D'Gorra, que programa a Asociación de Animación Sociocultural e Tempo Libre Novo Circo e Cabaré Galega.

Por entre as mesmas datas, do 12 ao 21 de agosto, terá lugar a Mostra de Teatro de Cariño. O programa, aínda por perfilar, inclúe catro días de funcións infantís. Antes de que remate, a Mostra de Cee, do 19 ao 26 de agosto, cumprirá 20 anos. Artur Trillo, en funcións de actor e coordinador, di que este ano prepararon algo "un pouco especial". "20 anos non son nada, pero nesta edición rompemos un pouco a cabeza", di. A falta de apalabrar a presenza de catro compañías, a mostra ceense inclúe dous espectáculos de Talía Teatro, O merlo branco e Quero ser grande; As últimas lúas, de Lagarta Lagarta; Romeo e Xulieta, de Teatro do Noroeste; O avaro, de Galileo, ou Emigrados, de Teatro de Ningures. Habilítanse novos espazos -o instituto Agra de Raíces- e divídese a programación en catro ciclos horarios: mañá (teatro infantil, con Berrobambán, Cachirulo e A Locomotora), tarde (rúa), noite (obras centrais) e un derradeiro, a deshora, pensado especialmente para o público xuvenil.

Antes de setembro tamén terá lugar o quinto Titirideza, en Lalín, do 23 ao 26 de agosto, con seis compañías galegas. Ademais das funcións de sala e o teatro de rúa, os titireteiros contan debatir tamén o que será o Plan Galego das Artes Escénicas, nun ano no que a única programación estable de títeres -a da Sala Yago, en Compostela- se acabou desmacelando.

Ese plan será tanxible despois do verán, no Congreso do Teatro Galego. Antes, en setembro, o Centro Dramático, pendente de redefinición na súa dimensión pública, presentará a programación do curso 2007/2008, que comezará cun clásico. O único que dura ata o remate do ano é o 125 cumpreanos do teatro galego, oficializado este ano pola Consellería de Cultura (A fonte do xuramento, Francisco María de la Iglesia, 1883). A partir do 13 de agosto, 125 funcións de 25 compañías galegas -as obras son súas- levarán a ladaíña do aniversario.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_