"Sempre me doeu que os empresarios se risen do galego"
Con 270 millóns de euros en vendas, 700 empregados e 70 tendas en España e Portugal, a firma de electrodomésticos e electrónica San Luis é unha das 30 maiores empresas galegas. Un dos seus éxitos está en terse identificado como unha compañía especializada e galega.
"Eu son fillo de aldeáns e sempre me doeu que o galego fose motivo de mofa no mundo dos negocios, entre as clases medias galegas. Por eso eu, como empresario e clase media, síntome na obriga de usalo no meu traballo", explica Xosé Lorenzo López, o presidente e fundador de San Luis, que segue a ser un dos principais accionistas da compañía.
"Principiamos a facer negocios en galego hai 30 e o fixemos a pesar de que as nosas axencias publicitarias nos recomendaban que non investísemos en publicidade en galego, porque pensaban que non era rendible", relata o presidente de San Luis.
"O que fixemos foi o contrario, porque nos decatamos de que funcionaba ou de que, aló menos, non restaba. Implicámonos cada vez máis no uso do galego e o resultado é que facer unha cousa diferente á dos demáis é bo", sinala Xosé Lorenzo.
San Luis emprega o galego na súa publicidade, na comunicación, na imaxe corporativa e en boa parte da comunicación interna da empresa. "Non só como idioma, senón tamén como referencia empresarial de seremos unha empresa galega. Nace por unha implicación personal miña, porque eu sempre pensei que non quero entrar na economía globalizada como un apátrida", resalta o presidente de San Luis.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.