"De seguir así, o castelán substituirá ao galego"
"Pode haber unha porcentaxe de xente que viva en Galicia e que teña un excelente dominio do galego e do castelán", asegura o catedrático de Filoloxía Románica Francisco Fernández Rei, "pero, no conxunto da sociedade, unha das dúas linguas acaba sempre prevalecendo, minorizando e substituíndo á máis feble, que neste caso é o galego". Con esta inequívoca contundencia explica Fernández Rei a súa visión sobre as posibilidades dunha sociedade bilingüe. "De seguir a situación tal como está, o castelán rematará por se impor sobre o galego", afirma o profesor de Sociolingüística Románica.
Francisco Fernández Rei expón que o galego rexistra un retroceso como lingua inicial e tamén de uso habitual. "Tanto en Galicia como nas comarcas galegófonas de Asturias, León e Zamora", completa a súa argumentación. Existe, a xuízo do catedrático da Universidade de Santiago, unha falta de prestixio social do idioma mesmo entre os seus propios falantes. E aínda que o galego estándar ou normalizado adquiriu consideración entre os galegos "porque se asocia co urbano", o castelán de Galicia resulta "realmente a lingua de prestixio para a maioría da poboación".
Fernández Rei, que amais é o membro numerario de menor idade da Real Academia Galega, confirma que o cerne da problemática do galego se atopa na ruptura da transmisión xeracional. "Moitos pais galegófonos non lles transmiten o galego aos seus fillos", lamenta o profesor, "porque para eles o seu idioma segue a ser un idioma sen prestixio". E, malia a que recoñece certa eliminación de prexuízos cara á lingua na etapa autonómica, "polo ensino en galego e pola televisión pública", teima en que o castelán "segue a ser realmente a lingua prestixiosa para a maioría".
Os datos evidencian o paradoxo: o galego, con todo, aínda se conserva como lingua de uso maioritario no país. "Pero sacar adiante nenos galegofalantes, en xeral, é unha heroicidade que esixe verdadeira militancia", apunta. E remata: "Algúns sabemos moi ben o custo que para os nenos ten isto".
A opinión de Fernández Rei respecto das políticas públicas lingüísticas contrasta co optimismo oficial ofrecido polas instancias gubernamentais. "Por moito que diga a clase política do país, o sistema non defendeu nin defende os galegofalantes, sobre todo aos máis novos", declara. "Se Galicia non consegue peso político dentro do Estado e non se dá a valer", asegura o sociolingüista, "o futuro do idioma non é claro en absoluto".
"Os mozos", continúa, "vénse obrigados de feito a viviren nunha inmersión que se realiza fundamentalmente en castelán". A realidade , matiza Fernández Rei, é que o sistema educativo autonómico "contribuíu a desgaleguizar moitos nenos e mozos instalados en galego dende a primeira infancia".
Para o catedrático de Filoloxía Románica, se os partidos políticos non defenden, "na realidade e non só na teoría", o galego "como o noso principal sinal de identidade", no futuro só quedará "resistir".
"Sermos amablemente esixentes no respecto dos dereitos lingüísticos conquistados e amablemente intransixentes no uso diario do galego", conclúe Fernández Rei, "será a posición dos que arelamos vivir nunha Galicia co galego como lingua de uso normal".
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.