Manuel Lourenzo: "Habería que volver a berrear nas prazas"
"Eu o franquismo téñoo presente sempre, tamén cando escribo sobre persoas menores de 40 anos". Manuel Lourenzo, autor cardinal do teatro galego desde a fundación en 1967 do Teatro Circo, adoita falar claro. "Sabendo onde estou, non sei qué facer", di. "O medio cultural galego é difícil, e se falamos de relacións institucionais, a cousa complícase. A ver qué penso cando sexa máis vello".
Lourenzo lembra moitas historias teatrais a inserir dentro da recuperación da memoria histórica. "Cando estreamos Zardigot en Arbo, nos 70, lembro que a escea se encheu de xente maior e o pranto foi xeral. E iso que era unha obra brechtiana máis ben expresionista". En Gondomar, coa montaxe da mesma obra de Ruibal, tiveron que saír correndo cando o cura avisou a uns mozos "que non eran Guerrilleros de Cristo Rey porque daquela aínda non os había".
"E tamén hai espectáculos que decidín deixar por causa da memoria", recoñece. Hai uns anos estaba a facer A Máquina-Hamlet, sobre o texto antiditatorial de Heiner Müller, e deixouno de facer tras unha conferencia en Barcelona. "Subinme ao torreiro e puxen voz de Franco, que me sae moi ben, dicindo aquela estupidez de En el tiempo de los Reyes Católicos teníamos tres caravelas... Non houbo ningunha reacción e alí mesmo decidín deixar aquel espectáculo. O esquecemento é o peor".
Sobre a posibilidade de facer obras modernas de recuperación da memoria, máis alá das boas intencións, Lourenzo afirma que "habería que seguir investigando qué sociedade temos, e quen manda sobre nós. Non sei onde ubicar o teatro galego neste sentido". E recomenda "volver ás orixes, a berrar nas prazas, co espírito da vangarda
. A desproporción entre a cantidade de traballo xeradopola posta en esce
na e o público do teatro é de vertixe. Que a Administración o faga mal, iso é o de sempre".
Cando Lourenzo di "isto non asentou", non se refire só ao teatro. "Estamos aínda co da dignificación da lingua, como na época das Irmandades, porque esa cuestión aínda non se resolveu".
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.