Profesionalidade
Nalgún lugar e momento escoitei a Manuel Rivas dicir que Avilés de Taramancos e Afonso X O Sabio foron dos poucos escritores galegos que non foron profesores, xa que un foi taberneiro e o outro rei. Máis alá da sabia ironía de O' Rivas, a afirmación confronta de vez un dos claros condicionantes da actividade literaria e artística en Galicia: o problema de acadar a profesionalidade. Con esa mesma queixa atopeime hai unha semana no repaso que neste mesmo diario se facía do censo dos novísimos da arte e a literatura galegas. Todos os que alí se expresaban, de heteroxénea pero máis que válida produción, coincidían en laiarse das escasas posibilidades do exercicio profesional da súa actividade no contexto galego. Entendendo que esa dificultade é simétrica ou paralela á dispoñibilidade de medios e condicións para a produción artística e cultural, a cousa é preocupante e máis se a confrontamos, non historicamente, senón co pasado inmediatamente anterior no que a xerazón de artistas e escritores dos oitenta si tiñamos acadado, alomenos nalgúns casos e tamén cunha diversificación evidente da práctica artística, esa profesionalidade.
Deixando claro que a calidade e o éxito artísticos non son condición nin consecuencia necesaria do profesionalismo, teño para mín que, ademais de que a superación desta eiva non deixaría de ser un indicio claro de saúde cultural, o asunto ten que ver coa imposibilidade de que o reducido espazo demográfico e económico do noso ámbito determina un cambio de modelo de produción e de industria cultural que non se limite a cubrir as necesidades de autoconsumo senón que teña unha clara dimensión exportadora. E xa se sabe que a mellor forma de sermos universais e sermos tremendamentemente locais na raiceira das nosas creacións.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.