A lingua sen estratexia

Os profesores Mauro Fernández e Henrique Monteagudo analizan a situación do galego

Hai xa tres anos que os cálculos políticos do PP colocaron a lingua galega no centro do debate. Foi despois de se desmarcar, no último momento, do acordo para o decreto das linguas finalmente aprobado polo bipartito. O retorno da dereita á Xunta e a nova lexislación lingüística, que o Goberno de Feijóo sacará adiante coa práctica totalidade dos axentes sociais en contra, non parecen contribuír a calmar as augas. Para os profesores Henrique Monteagudo e Mauro Fernández, dous dos persoeiros que máis teñen investigado sobre as condicións sociais do galego, hai un déficit de reflexión sobre o futuro da lingua propia de Galicia.

Na conversa entre os docentes que mañá se publica nas páxinas de Luces, Monteagudo e Fernández opinan do decreto de Anxo Lorenzo, arredor das posibilidades do idioma ou do papel da escola na supervivencia do galego. "O bilingüismo non pode quedar en mans de asociacións como Galicia Bilingüe", defende o autor d'As razóns do galego. Segundo Mauro Fernández, catedrático na Universidade da Coruña, non se debe emitir mensaxes que consideren o castelán "unha lingua allea, imposta".

Toda la cultura que va contigo te espera aquí.
Suscríbete

Babelia

Las novedades literarias analizadas por los mejores críticos en nuestro boletín semanal
RECÍBELO

Regístrate gratis para seguir leyendo

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS