_
_
_
_
_

Diego Santomé presenta dúas pezas de arte “política”

A exposición pode verse no Colexio de Fonseca de Santiago ata o 30 de xuño

Alumnos do máster de Arte, Museoloxía e Crítica contemporánea da Universidade de Santiago (USC) actúan como comisarios na mostra O triángulo e o ruído. Nela o pontevedrés Diego Santomé, un dos artistas novos con maior repercusión fóra de Galicia, presenta dúas instalacións cun evidente contido político. A exposición pode verse no Colexio de Fonseca de Santiago ata o 30 de xuño.

Cada unha das obras ocupa un espazo determinado. Na antiga capela gótica de Fonseca atopamos Triángulo, unha enorme peza de 7,5 metros de altura coa que o artista pretende simbolizar un demiúrgo. Na Sala do Artesonado atópase Ruído, unha peza sonora na que o artista utiliza discursos de políticos galegos. O lugar no que se sitúa a instalación foi sede do Parlamento de Galicia nos oitenta. As frases fragmentadas e manipuladas polo artista xeran unha sensación de angustia pola imposibilidade de asumir o tumulto das intervencións e pola tensión creada coa superposición dos contidos.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_