_
_
_
_
_
LUCES

O Play-doc volverá en marzo malia os recortes

O certame tudense amosará filmes de Europa e EE UU

O festival de documentais Play-doc celebrará, entre o 21 e o 25 de marzo, a súa oitava edición, malia as dificultades económicas que puxeron en dúbida a continuidade do certame da localidade pontevedresa de Tui. Angel Sánchez, codirector do festival, explicou onte que o peche definitivo do programa terá lugar cando consigan garantizar a aportación da Xunta, que supón case a metade dos 75.000 euros cos que contou Play-doc no 2011. De todos os xeitos, Sánchez xa anunciou que neste ano haberá una redución do orzamento, que implicará a desaparición dalgunha das seccións do festival, concretamente a de curtametraxes documentais.

Sánchez só confirmou que entre as películas da sección oficial atoparase Vikingland, de Xurxo Chirro. A vocación internacional do certame manterase coa presenza de filmes de Francia, Holanda, Estados Unidos, España, Rusia e doutros paises do leste de Europa. Entre as confirmacións pendentes está a presenza dunha gran banda musical que case con toda seguridade chegará ao festival xunto cun documental que se centra na traxectoria do grupo.

O codirector do festival explicou que o Play-doc manterá a exhibición dunhas 30 películas coma en edicións anteriores. “Conseguimos manternos vivos mentras outros festivais que se celebran noutros puntos de España deixan de celebrarse polos efectos da crise. A nosa vantaxe é que estamos nunha cidade pequena e contamos cun orzamento axustado”, sinala Sánchez, quen apunta que nesta edición se recibiron uns 800 filmes.

No que se refire á temática das películas que poderán verse nesta edición, Sánchez apuntou que haberá varias que formulan unha reflexión sobre a paisaxe. Curiosamente, a omnipresente crise non será o tema central de ningún dos filmes da sección oficial. Ao certame acudirán todos os directores das películas participantes. Noutros anos pasaron por Tui prestixiosos realizadores como Raymond Depardon, Rithy Pahn, Avi Mograbi ou Marcel Lozinski. Nesta edición haberá unha panorámica dos mellores filmes realizados ao longo de 2011 e tamén seccións retrospectivas sobre algunhas das grandes figurasdo xénero.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_