_
_
_
_
Reportaje:Luces

Todas as músicas para o verán

Ducias de festivais e concertos espállanse pola xeografía galega durante os vindeiros tres meses. Moby, Judas Priest e The Offspring, estrelas dos carteis

A celebración do festival Sonar a fin de semana pasada na Coruña marcou o inicio do verán musical galego. Ao longo dos vindeiros tres meses a comunidade autónoma converterase nun xigantesco escenario onde bandas de pop rock, grupos de folk, orquestras e solistas de música clásica e pinchadiscos serán os protagonistas dos innumerables festivais e concertos que terán lugar en cidades, vilas e pobos. A diferenza do que ocorreu o ano pasado coa celebración do Xacobeo, nesta ocasión hai menos estrela de renome pero non faltan propostas de calidade e resulta totalmente imposible que un non atope algún concerto que lle resulte de interese.

Onte mesmo comezou o Derrame Rock en Ourense, un festival que nesta edición trasládase a Galicia dende Asturias e que reúne a grupos coma Molotov, M-Clan, Los Coronas, Los Suaves e Siniestro Total. Tamén nesta mesma fin de semana celébrase o festival V en Ponteceso e o Sinsal 9 na illa de San Simón. Estas citas son as primeiras dun calendario case infinito que será especialmente denso no mes de xullo, onde se concrntra a maior parte dos festivais. Nalgúns deles tamén atoparemos propostas teatrais ou artísticas pero a música, en formatos moi diversos, será a gran protagonista. A continuación destacanse algunhas das citas imprescindibles do verán musical galego.

Randy Brecker e Bill Evans tocarán xuntos no festival de Pontevedra
Os suecos de Europe, estrelas do Brincadeira 2011 de Ordes
Más información
"Un festival é unha boa inversión"

- Vigo Transforma. O festival vigués celébrase entre o 30 de xuño e o 2 de xullo aínda que as actividades artísticas que complementan o evento comezan hoxe mesmo. O cartel de actuacións musicais é un dos mellores dos que terán lugar en Galicia nestes meses. Moby é a principal atracción dun programa que conta tamén coa presenza de grupos e solistas coma Los Campesinos, dEUS, Toro y Moi, Yann Tiersen e Catpeople.

- Festibaixas. Primeira edición dun festival que combina as actuacións musicais coa danza e o teatro. Terá lugar en escenarios de Vigo e Pontevedra entre o 1 e o 23 de xullo. O grupo canadiense A Orquestra dos Homes Orquestra, que presentará o espectáculo musical Interpretando a Tom Waits, será un dos atractivos dun festival que conta tamén coa presenza da cantante Luz Casal e do Ballet Nacional de España.

- Festival de Ortigueira. A cita imprescindible para os seguidores da música folk de toda España e moitos lugares de Europa chega este ano entre o 7 e o 9 de xullo, cun cartel no que aparecen figuras da música galega coma Luar na Lubre ou Berrogüetto xunto a grupos internacionais coma os escoceses Skerryvore, os bretóns David Pasquet Group ou os estadounidenses The Elders. Coma sempre será o evento máis multitudinario cunha asistencia que rondará as 100.000 persoas.

- Via Stellae. Aínda que este ano reduciuse o número de concertos e Santiago será a única sede dos mesmos, o festival conserva a presenza de intérpretes de calidade coma as mezzosopranos Ann Hallenberg e Magdalena Kozena ou o grupo de música barroca Il Giardino Armonico. A presenza de Siniestro Total e do grupo swing The Ray Gelato Giants dalle un toque divertido a un evento supostamente moi serio. Os concertos terán lugar entre o 9 e o 22 de xullo.

- Cultura Quente. O festival de Caldas de Reis, que terá lugar os días 22 e 23 de xullo, muda o seu perfil este ano xa que deixa de ser de balde aínda que os prezos son bastante populares. No cartel destaca a presenza de bandas coma The Klaxons, Undertones, OK Go, The Jim Jones Revue, Standstill, El Columpio Asesino ou Micah P. Hinson.

- Festival de Jazz&Blues de Pontevedra. A cita ineludible para os seguidores do jazz en Galicia volve ofrecer un ano máis un programa moi atractivo con figuras coma o trompetista Randy Brecker e o saxofonista Bill Evans que abrirán o festival na noite do 22 de xullo na praza da Ferrería. As seguintes noites pasarán polo mesmo escenario os cantantes Bobby Rush e José James e o saxofonista Stefano di Battista.

- Judas Priest / Motörhead. As bandas de heavy metal británicas encherán o Coliseum da Coruña o vindeiro 29 de xullo cos seus vellos e novos seguidores. No caso de Judas Priest a xira anúnciase como a última da súa longa carreira músical de máis de 40 anos.

- Brincadeira. Os roqueiros nostálxicos teñen unha gran ocasión para atopar a algunhas das bandas que marcaron as súas vidas na década dos oitenta. A banda sueca Europe é a estrela dun cartel no que aparecen vellas glorias do rock español coma Obús, Rosendo ou Burning. Tamén terán o seu espazo curiosidades coma o cantante mexicano El Vez. Pode ser unha boa oportunidade para lembrar vellas épocas e comprobar se calquer tempo pasado foi mellor. O festival celébrase en Ordes entre o 11 e o 13 de agosto.

- Bad Religion. A banda californiana será o gran atractivo do festival O Marisquiño que terá lugar en Vigo o 14 de agosto. A súa presenza en Galicia seguramente atraerá seguidores doutras partes de España xa que a súa música é unha referencia para o movemento punk dende hai décadas.

- Rock in Way. O calendario de grandes concertos do verán péchase cun festival que terá lugar os días 8 e 9 de setembro no Monte do Gozo de Santiago. Polo de agora a gran estrela do cartel son os californianos The Offspring, aínda que pode haber algunha incorporación importante nas vindeiras datas. Os británicos The Toy Dolls tamén estarán neste festival xunto aos franceses Rinocerose e grupos nacionais coma Sober, Delorean Triángulo de Amor Bizarro, The Blows e Niño y Pistola.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_