"Un festival é unha boa inversión"
Xaime Casas leva moitos anos traballando na organización de concertos e na promoción de grupos musicais galegos e de fóra da comunidade autónoma á fronte da productora Idea Rock, que ten a súa sede en Vigo. A pesar da crise da industria discográfica e das dificultades financeiras que sofren moitas das institucións que organizan os festivais, Casas non cre que os tempos sexan especialmente malos para este negocio. Na súa opinión, os grupos que realmente son bos sairán adiantes e os que non quedarán fóra do circuíto. Tampouco pensa, coma din algúns, que os concertos sexan a salvación dos grupos.
Pregunta. É certo que coa crise das discográficas os concertos convertéronse na principal fonte de ingresos dos grupos?
Resposta. Non hai unha regra xeral que permita dicir iso, depende moito do grupo do que esteamos falando. A verdade é que cando un grupo ten éxito ten que ir tocar onde lle pidan, sempre que se cumpran as condicións que marca o seu representante. A venda de discos nunca foi a principal fonte de ingresos dos grupos, iso é un mito, porque os royalties comezan a ter certa importancia cando se superan as 10.000 ou 20.000 copias dun disco.
P. A crise financeira dos concellos está repercutindo moito nos cachés dos artistas e na propia organización dos concertos?
R. O que se está notando é que os concellos teñen menos orzamento. De todos os xeitos, nós agora dependemos máis do que nos pagan polos cachés dos artistas que do que percibimos pola venda de entradas dos concertos, xa que nos dedicamos preferentemente ao management. Tampouco é certo o que se dicía de que antes os concellos pagaban máis do que marcaba o mercado aos artistas. Nós comezamos a traballar a finais dos noventa e dende entón os cachés dos artistas están bastante axustados. Hai que ter en conta que para montar un bolo con 30.000 ou 40.000 euros teñen que traballar unhas 20 persoas e non é tan fácil coma din algúns cubrir os gastos.
P. Esta semana anunciouse un festival en Santiago con orzamento dun millón de euros. Cómo é posible en tempos de crise coma os que vivimos?
R. Son cifras grandes pero hai que ter en conta que cando un festival está ben organizado pode ter un retorno publicitario que chegue a triplicar a inversión feita. Temos agora un exemplo aquí co festival Vigo Transforma, que está a ter unha gran repercusión mediática e seguramente vai producir moitos réditos para a cidade. Ás veces poder ser un mellor investimento para o turismo apoiar eventos deste tipo que sacar na televisión unhas imaxes moi bonitas das rías baixas que xa viu todo o mundo.
P. É verdade que hoxe en día sae más caro contratar un grupo español con escasa traxectoria que un grupo internacional contrastado?
R. Iso pode ocorrer e de feito ocorre, pero hai que ter en conta tamén que o campo de acción dos artistas nacionais está máis limitado porque o teñen mais complicada para ir tocar fóra. É certo que hai artistas internacionais de calidade que podes traer a Galicia a un prezo moi bo, pero hai que traballar moi ben a produción. Co que hai que ter coidado é coa calidade dos grupos. A única forma de saír adiante e conseguir o respaldo do público e iso só se consegue traballando arreo.
P. Hai moitos festivais en verán, pero poucos noutras épocas do ano. Non habería que desestacionalizar?
R. Nós xa o vimos facendo e de feito temos un festival, Microfest, que organizamos no mes de novembro. Creo que programar os concertos e festivais noutras épocas do ano vai ser cada vez mais necesario. Agora temos en Galicia moitos contedores que temos que encher. Tamén penso que cada vez son mais inviables os grandes eventos de balde. E imposible manter a calidade dos grupos con este tipo de eventos.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.
Archivado En
Últimas noticias
Última hora de la actualidad política, en directo | Puente carga contra Sumar por reclamar una crisis de Gobierno: “No tiene sentido un sacrificio ante el altar”
El gigante de los pagos PayPal solicita convertirse en banco para impulsar los préstamos
El Supremo desvía a la Audiencia Nacional la decisión sobre la cobertura legal del comité del apagón
Pasión por ‘Xiao Xiao’ y ‘Lei Lei’: colas de más de tres horas para ver a los últimos pandas de Japón antes de su vuelta a China
Lo más visto
- Un trabajador de Acciona asegura que fue el exdirector de Construcción quien le sugirió colaborar con Servinabar, la empresa a la que la UCO vincula con Cerdán
- Eurovisión 2026 cierra la lista de sus países participantes, la cifra más baja desde 2004
- El juez cree que la red de Leire Díez y el exdirector de la SEPI contó con “diversos cargos públicos” para el cobro de comisiones entre 2021 y 2023
- La UE eleva la presión sobre Venezuela al prorrogar las sanciones al círculo de Maduro en plena escalada de Estados Unidos
- Sánchez se mueve para seguir: pacta una cita con Junqueras, anuncia un abono único y descarta tocar el Gobierno




























































