_
_
_
_
Reportaje:Luces

Siniestro como educación sentimental

Veteranos e mozos do pop galego explican a súa relación coa seminal banda viguesa

Nas entrevistas promocionais de Country & Western, o décimo terceiro disco en estudio de Siniestro Total, Julián Hernández repite a máxima da sabedoría da banda: "No erro ao copiar está a evolución". No caso dos vigueses, a metamorfose abranxe estadio primixenio -punk do absurdo-, paraxes intermedias -rocanrol aberto ao convencional, aires metaleiros, empréstimos afroamericanos- e unha última fase definitivamente envorcada ao rhythm & blues e outros xéneros de raíz estadounidense con letras de densa elaboración. "Punks seguimos sendo", declaraba Hernández, "pero punks de hotel". Antes de agora, con todo, foron punks sen hotel.

"Gardo lembranzas moi gratas e excitantes", fai memoria Germán Coppini, cantante do grupo no seu elepé debut ¿Cuándo se come aquí? (1982), "e fastídiame que co tempo as nosas historias nos afastasen". Coppini, que logo artellou pop entre novo romántico e gótico en Golpes Bajos canda Teo Cardalda e arestora experimenta con Álex Brujas en Lemuripop, cualifica a aventura siniestra de "emblemática do pop español". "Non lembro se Alaska nos chamou paletos tras aquilo de Yo quiero ser Alaska y quedarme con vuestra pasta, pero iso era o caralludo. Que falen de ti anque sexa mal", resume.

Más información
"Abriron unha fenda en Vigo e no pop galego"
"Eu son máis dos Resentidos"
"Churrasqueiros que fan blues, mozos puretas"
"Coppini é o cantante que máis me gusta"
"Cultura infinita + intelixencia = humor"
"As letras actuais teñen máis 'chicha'
"Agora fan rock de presentadores de TV"

O Coppini desafiante, un espectro fillo de Jello Biafra e Johnny Rotten nos tempos da movida, comandou a etapa dos Siniestro Total que aínda hoxe reclaman para si os integrantes das novas vagas do pop galego. "Coppini é o cantante punk que máis me gusta", afirma O Leo, cantautor do imperdíbel. O propio Germán recupera nos seus concertos palabras de orde como Ayatola, no me toques la pirola. Tamén o fai Julián Hernández, actual líder de Siniestro Total. "En mi país hay una ley / El matrimonio es por lo forestal / Es el oeste y no se come mal", abre Country & Western.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_