_
_
_
_
XURXO SOUTO | Os Diplomáticos | Luces

"Cultura infinita + intelixencia = humor"

Para Xurxo Souto, o fenómeno Siniestro reviste carácter xeracional. "Cadra co momento iniciático en que chego a estudar a Santiago", lembra, "cando dominaba a música grandilocuente dos cantautores ou de certo rock".

O líder dos Diplomáticos de Monte-Alto, reunidos o pasado sábado en Allariz logo de 15 anos, materializa a súa memoria sentimental antes en cancións que en elepés: No somos de Monforte, El sudaca nos ataca ou Algo huele mal en Dinamarca. "E estaba o feito diferencial nos tempos da movida", argúe, "cantaban en castelán pero cheiraban a galego por todas partes". Souto tamén se atreve a sintetizar a fórmula dos vigueses nun "cultura infinita + intelixencia = sentido do humor". Na evolución da banda recoñece, ademais, "o talento de Julián, da batería á primeira liña" e salienta a "dignidade gamberra" na que o grupo se move hoxe en día.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites
_
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_