_
_
_
_
Luces

A feira Espacio Atlántico trasládase ao mes de abril

Era unha das demandas máis repetidas durante a última edición da feira de arte contemporánea de Vigo, Espacio Atlántico, o pasado mes de xaneiro. Expositores e coleccionistas suxeriron á dirección do evento un cambio de ubicación no calendario, a fin de evitar a proximidade coa celebración de Arco en Madrid e doutros acontecementos artísticos internacionais, o que ocasionaba incompatibilidades e certos atrancos ós profesionais do mundo da arte. Finalmente, a directora de Espacio Atlántico, Marta Scarpellini, vén de anunciar as novas datas. A vindeira edición do certame celebrarase do sete ao dez de abril de 2011.

Scarpellini confirmou a mudanza trala sinatura do convenio de cesión dos fondos artísticos da feira á Fundación Marco, de xeito que as obras, recén adquiridas durante a pasada edición e que dan inicio á Colección Espacio Atlántico como fondo propio, estarán depositadas no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (Marco) por un tempo de cinco anos. En calidade de presidente da Fundación Marco, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, rubricou onte o convenio coa directora da feira no salón de actos do museo. Ademais de preservar a súa conservación e restauración, os comisarios do Marco poderán inserir as pezas nas exposicións temporais que conforman a súa programación.

As obras, sete producións de formato e materiais diversos, están asinadas por Ana Soler, José Bechara, Karmelo Bermejo, Misha Bies Golas, Antía Moure e Francisco Tropa, seis artistas galegos, portugueses e españois seleccionados para arrancar esta colección, "tendo en conta os intereses expositivos do museo para facilitar a incorporación na súa programación", indicou Scarpellini, quen expresou a súa satisfacción "por que a colección poida ser exhibida no principal museo de arte contemporánea da cidade". "Esta iniciativa estreita o vencellamento da feira coa cidade de Vigo", manifestou, "ademais de incrementar o patrimonio cultural e amosar a rendibilidade social do investimento en arte contemporánea".

Segundo a organización do certame, o presuposto desta primeira quenda de compras en feira foi "algo superior" aos 40.000 euros. "A colección seguirá crecendo en futuras edicións e a intención é que a partida orzamentaria se incremente en próximas convocatorias, adquisicións que se rexerán polos mesmos criterios expositivos do Marco", afirmou Scarpellini.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_