_
_
_
_
INÉDITOS CON FIRMA | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

o libro /2

na apocalipse o apóstolo xoan recibe de deus a encomenda de escribir sen pensar o que será o derradeiro libro da biblia, o libro dentro do libro. deus preséntase coma un mago do señor dos aneis, túnica e barba, ollo de lume, espada de gume dobre por lingua, voz de buguina de barco. dille á xente que se cre viva pero en realidade está morta e ameaza con borrar os seus nomes do libro da vida. para os salvados reserva o premio de convertelos en columna e escribir sobre eles o seu nome. o cap. 5 iníciase con outro libro que deus no trono sostén na man dereita, un libro escrito por dentro e por fóra e selado con sete selos. un anxo exclama con voz forte "quen é digno de abrir o libro?" e ninguén pode abrilo nin lelo, era visto. os nosos libros han morrer sen perder esta imaxe de espanto e hermetismo que arreda a xente de librerías e bibliotecas. finalmente o libro ábrese, quen o fai ten o premio de ser degolado e co seu sangue rescata para deus as almas perdidas. trátase dun año con sete cornos e sete ollos que vai abrindo os selos e ceibando os xinetes da apocalipse. o quinto selo dálles paso aos mortos pola palabra de deus, a palabra dá a vida pero tamén a quita. o sexto selo libera un terremoto que destrúe montes e illas, escurece o sol, tingue a lúa de sangue e fai que as estrelas caian coma figos podres. a xente agóchase en cavernas, pide ser sepultada. os anxos seleccionan 144.000 elixidos das doce tribos e estámpanlles un carimbo na fronte co seu nome e o de seu pai, todos son virxes. a apertura do séptimo selo vén seguida dun silencio de media hora que precede ás sete trompetas coas que o pai supremo demostra o amor por medio do castigo, abrasando a natureza e as persoas sen carimbo. non matándoas, torturándoas para excitarse e babear coma quen mira unha peli de porno extremo. a seguir preséntase un anxo con outro libro e sete trebóns parlantes. a voz de deus no ceo dille ao apóstolo que non escriba o que dixeron os trebóns, que tome o libro aberto na man do anxo e o devore. non que o lea con ansia, que o devore. o apóstolo sabe que non é tempo de caralladas ou de levar a contraria e, malia que lle amarga nas entrañas, come o libro. outro anxo convoca as forzas do ben e do mal para a batalla de armagedón e outro destrúe babilonia con lóstregos, terremotos e inundacións. babilonia é unha puta que na man sostén unha copa de ouro escrita con abominacións luxuriosas e na fronte leva escrito o seu nome abominabel. babilonia é nova york e a súa destrucción é narrada como a das torres xemelgas, en parágrafos que semellan un comunicado de al qaeda, agora deus é bin laden. os 144.000 virxes cantan aleluia e o patrón dille ao negro contratado para escribirlle a biografía que el é alfa e omega e non sei que hostia máis, un chulito. que se pode escribir despois disto? un libro no que a palabra dá e quita a vida e o remate do libro coincide coa fin do mundo. este é o libro que quixen escribir sempre.

... un anxo exclama con voz forte "quen é digno de abrir o libro?" e ninguén pode abrilo nin lelo, era visto

O último libro de Xurxo Borrazás é Costa Norte / ZFK

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_