_
_
_
_
Luces

Homenaxe ao Camiño a ritmo de 'road movie'

O Códice Calixtino marca a viaxe de Ana, unha estudiante de cine que percorre o Camiño Francés para escribir un guión, fascinada pola historia de Gerberga de Flandes, a primeira camiñante feminina rexistrada da vía a Santiago. La Sinapsis del Códice, filme dirixido polo compostelán Pablo Iglesias, é unha "homenaxe á muller" peregrina que parte de Gerberga para identificala finalmente con Hildegard de Bingen, unha abadesa alemana do século XII, convertida en santa, que era escoitada no seu tempo por homes e considerada "pioneira por simbolistas e feministas", explicou a poetisa Yolanda Castaño durante a presentación do filme.

Os desvaríos da fita coa mística toman terra coa presenza de personaxes tirados do realismo máxico de Álvaro Cunqueiro: o actor Luís Tosar pon (só) a súa voz ao servizo dun alto cargo eclesiástico. É a personaxe seria que permite creer no mito, segundo a visión do autor. O filme está protagonizado pola actriz galega Sara Casasnovas, que tamén participa do guión, acompañada de Sergio Pazos, Miguel de Lira, Hugo Silva, Óscar Jaenada e a alemana Tessa Leoni. Yolanda Castaño é a voz de Hildegard.

A ambición do director na estética pasa polo uso do "dogma danés de tintado ao Andy Warhol", unha imaxe pop que está reforzada pola música: base musical electrónica mesturada con cantos gregorianos que busca "algo diferente, que sorprenda". Ademais, a estrutura do filme está disposta en nove actos, cada un rematado nun clímax.

Espírito xacobeo

A película, dobrada ao galego aínda que rodada en español, inglés, francés e galego e que se emitirá subtitulada, supón unha "extraordinaria homenaxe" ao patrimonio cultural e ás raíces históricas de Galicia, defendeu Ignacio Santos, responsable do Xacobeo, que colabora na producción do filme. A cinta, ao estilo dunha road movie, percorre numerosas localizacións do Camiño Francés ata chegar a Compostela, camiño no que se cruzan peregrinos, clérigos ou restauradores de fóra da ficción que forman a "paisaxe humana" da vía.

"Un sólido traballo de difusión da esencia" de Galicia, destacou Santos, que ten como obxectivo "promocionar Santiago, Galicia e o Xacobeo". O filme comezará a súa difusión en festivais de Francia e Alemaña. "A ver que camiño lle dá o Apóstolo", encomendouse o autor Iglesias.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_