A palabra está de volta
A Asociación de Escritores organiza encontros sobre literatura oral
A comezos dos 90, algúns locais da cidade vella de Compostela comezaron a convidar contadores de historias nas súas programacións de ocio nocturno. A iniciativa, que axiña acadou o favor do público e que se estendeu por todo o país, trasladaba ao vivo o formato da stand-up comedy que, en paralelo, tamén se puxera de moda nas televisións. En moitos casos, os espectadores están diante de dramaturgos e de actores que a pequena pantalla e o cinema convertiron en rostros familiares: Quico Cadaval, Cándido Pazó ou Avelino González. Entre os máis solicitados está Carlos Blanco, actualmente de xira con Só, un espectáculo de monólogos que, ata finais de ano, visitará Sanxenxo (28 de novembro), Ortigueira, Arteixo, Muros e Santiago.
Nos actos participan cantantes, músicos e romanceadores da contorna
A fórmula non é outra que unha adaptación dun costume vello como o mundo: o de xuntárense familias e veciños para botar contos, relatar historias e entoar cánticos ao fío dos labores cotiáns ou ao abrigo do lume nas invernías. Non só un pasatempo anterior ao cinema, a radio e a televisión, senón un método natural de instrución e de transmisión dos valores da comunidade, nomeadamente cando os libros eran un ben de luxo e poucos eran quen de descifralos. Esta usanza posúe froitos abondosos, o patrimonio oral inmaterial. Na recuperación, conservación e continuidade deste corpus levan máis de 15 anos traballando diversos colectivos.
Moitos dos avós cantareiros que últimamente aparecen no Luar e no Alalá son os que coñecen ese material. Amais dos labores de peneira propios, estes programas da TVG teñen botado man de moitos dos descubrimentos fornecidos polas polafías, un neoloxismo que designa as veladas de carácter festivo e con contidos literarios e musicais, co obxetivo de rescatar do esquecemento o patrimonio oral, literario e musical. Mesturando o xeito das polavilas, fiadas e seráns de antigo, as polafías son eventos coordenados pola sección de literatura oral da Asociación de Escritores en Lingua Galega, ao coidado do escritor e investigador Antonio Reigosa. A ubicación é fundamental para o éxito do encontro, protagonizado por romanceadores, cantantes, músicos, narradores e recitadores da contorna.
As primeiras polafías aconteceron en 2007. Houbo que agardar case un ano pola nova xeira, que principiou a finais de outubro na parroquia de Figueirido (Vilaboa) e xa hai outras dúas en preparación: Neda (mañá sábado, 19.00 horas, Casa da Cultura) e en Cabreiros, Xermade. "Só hai unha diferenza fundamental: agora podemos, e debemos, axudarnos das novas tecnoloxías, desde os aparellos de gravación, que favorecen o arquivo e estudo do recompilado, ata o uso de novas tecnoloxías, caso da Internet, que poden contribuír a unha ampla difusión deste patrimonio", apunta Reigosa. Tamén agroman sucedidos marabillosos, misteriosos e divinos que conseguen fixar toponimias en desuso. A improvisación é outra das virtudes da xuntanza. En Figueirido, a paixón dos propios participantes callou nun debate solidamente argumentado a propósito da existencia da bruxería. O sector que negaba a vixencia dos feitizos, defendido en solitario por un veciño, foi abrumado polo outro con probas irrefutábeis da natureza verdadeira do meigallo.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.