_
_
_
_
Luces

O pop galego asómase ao peirao de Liverpool

Coa palabra de orde Re-volver na cabeceira, unha plural representación da escena pop galega lembraron onte na Sala Capitol de Santiago as cancións dos rapaces máis famosos de Liverpool. Sete bandas botáronse ao legado dos Beatles sen excesivo medo escénico. Conduciu a homenaxe o escritor Camilo Franco e o público, 700 persoas que encheron o local, respondeu a coro a cada melodía. Non importaba a procedencia das cancións: escenario ou megafonía.

As Faltriqueira, habituais do circuíto folk, abriron a capella e invocaron o espírito beach boy para enfrontarse a Because e I Will. Sucedéronas Magritte, que aplicaron un previsíbel tratamento funk rock a Come together e Here comes the sun. En galego. Tamén Burgas Beat traduciron Across the universe e procuraron ecos duns Crazy Horse co rocanrol de One after 909. Pero foron as guitarras acústicas de Narf e Javier Abraldes as que levaron a máis estrondosa ovación. O seu Eleanor Rigby desenvolveuse a través da psicodelia folk e fixo ecoar a John Fahey. Con Blackbird, Nick Drake sobrevoou a escena.

Os arranxos jazzy de U-lo Trío despexaron dúbidas sobre a prestancia harmónica de Norgewian Wood e Day Tripper antes de que Niño y Pistola manifestasen sobre as táboas o que se detecta nos seus elepés: discípulos dos Beatles liña dura. And your bird can sing cumpriu e I am the walrus chantou un dos estadullos de intensidade da noite. Pecharon The Homens emplastando, vía noise, Please please me e a atómica Helter Skelter.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_